Fornelos bicado docemente polo sol

fornelos da ribeira igrexaA terra de Fornelos e unha terra agarimosa que o astro sol bica docemente, namentras nos beizos dos fornelenses saen verbas belidas como forma de saudade ata agora descoñecida:

Adeus a miña casiña,
Portelo do meu quinteiro,
Auga da miña fontiña
Sombra do meu laranxeiro.

Esta saudade e relixiosidade , esos anceiros estiveron presentes en tóda-las formas de vivir. Xà de antergo pensaron democraticamente no senso máis fondo e real da verba, no senso sublime que debe darselle. Sempre soñaron acadar a irmandade dos homes en un anceiro común, soñaron cún mundo mellor.

Si hai unha paisaxe saudosa na nosa Galicia, esa é a nosa, a de Fornelos; unha pola súa beleza vagorosa cheia de misterioso engado, outra, polo seu fino arrecendo musical. Porque a saudade e a paisaxe entran no noso espíritu polos ollos e polos ouvidos. Fornelos é sonoramente rico como ningún. Ventalladas e murmurios, estrondos e barbariños hai. Ningúen duda de que Fornelos amóstrase sempre aberto a interpretación cultural. Non xá de agora. Eu diría que case se pode ollar cos ollos pechados. E cando chega a noite as campiñas pobóanse de almas en pena, trasnos é meigas diante a Natureza.

Todo un fondo sentimento saudoso nos cruceiros espallados por tódo-los rueiros ainda que hoxe teñamos que lamenta-la falla de moitos deles.

Sentir Fornelos e moito mais que velo, é máis que discernir a súa valia estética.

Publicado en el periódico PáginaXXI, por Manuel A. Estévez Costas.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.