Ruta 1.- De Caldelas de Tui a Salvaterra de Miño (III)

CALIDADE SOBOR DA CANTIDADE.

Agora compañeiro de Historia e Natureza en Ruta entra con nós e fala intensamente do castelo relacionado cos moitos aconteceres nél. Remóntemos o século X xogando aquel importante papel en 1.640 na sublevación de Portugal. Falemos da igrexa de San Lorenzo que en principio fora capela do recinto amurallado, como pasou a facer as funcións de feligresia, etc. Construida no século XIII, foi ampliada tres séculos despois, no seu interior consérvase unha valiosa talla do Cristo da Victoria de 1.733. Falamos da capela da Oliva, situada na muralla da fortaleza cuberta de tella árabe, unha representación da Virxen. O Parque da Canuda actual merece capítulo aparte.

Metámonos na Historia e descubramos como Francisco Salgado que fora maiordomo dos Condes axistira a concesión do titulo de Conde con Grandeza de España en 1.613 a Diego Sarmiento de Mendoza e Soutomaior. Este Francisco Salgado fora ademáis de Asistente e Capitán Xeral de Sevilla e Cabaleiro de Alcántara.

A Grandeza de España data de 1.717 conferida a Xosé Francisco Sarmiento de Soutomaior.

OS CONDES DE SALVATERRA, foron:

1 .- García Sarmiento, por deixarlle o seu pai o castelo é as terras de Sobroso. Loitou con Pedro Madruga. Casou con Terexa de Soutomaior quen levou en dote a vila é o estado de Salvaterra. De segundas casou con María Manuel de Girón. Da primeira muller fora nada Francisca. A anécdota curiosa pra aqueles tempos é que García casara a primeira vez con Sancha de Lobeira con quen despois de “convivir” con ela durante 15 anos resultou ca citada señora xa o había feito antes con Paio Gomez de Soutomaior e despois con Esteban das Xunqueiras, ambos parentes de Garcia.

2.- García Sarmiento de Soutomaior.

3.- García Sarmiento quen serviu a Felipe II nas guerras de Inglaterra é Flandes. En 1.570 herdou de Francisca súa aboa, Santa María de Sela, San Xoán da Barcala, San Sebastian de Cabeiras, Santa María de Arbo é Santa Cristina de Valeixe. Este García Sarmiento casara con Leonor Sarmiento de Mendoza e tiveron catro fillos:

  • Diego, xentil home en tempos de Felipe III, fundador do convento de Franciscanos Recolectos é fora o primeiro conde en 1.613. Casado con Leonor de Luna Fernandez Sarmiento tiveron a:
      – Garcia Sarmiento, segundo conde.
      – Diego Sarmiento, terceiro é segundo marqués de Sobroso.
  • HISTORIA E NATUREZA EN RUTA, adéntrase na historia é atópase con Antonio Mendez Ozores de Soutomaior de Alcabra (Teans), que pasou a vivir a Cristiñade por queimárselle a casa polos portugueses. Lembramos aquí, a Margarita de España e Sanjurjo, casada con Domingo Mosquera é Lemos, é quizais algún máis que se nos queda no tinteiro que intentaremos incluir algún dia.

    Deixar unha resposta

    Please log in using one of these methods to post your comment:

    Logotipo de WordPress.com

    Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

    Google photo

    Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

    Twitter picture

    Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

    Facebook photo

    Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

    Conectando a %s

    This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.