Amigo de Historia e Natureza en Ruta, contempla esta doce é verde terra do val do Tea, que pertenecera a Pedro Madruga, é como dí Vasco da Pônte, gostaba de cabalgar nas madrugadas desde a fortaleza o pé do monte de Sá, rodeado de espeso bosque. Este Soutomaior nas noites de vento repetíase os ouvidos e as carcalladas do guerreiro conde de Camiña.
Descubre amigo como toda a Galicia fidalga é clerical do século XV coñecía as andanzas deste persoaxe histórico, e os verdes, ocres é lexanos violetas deste Fornelos fermoso que Historia e Natureza en Ruta contempla entre maizais é piñeirais, etc…
Coa incorporación dos maiorazgos, descubre como se asentaron moitos daqueles fidalgos e burgueses, uns pra contempla-la primaveira e vivir intensamente o goce do verán, outros pra amar o outono, etc… Aquí temos a J. R. Estévez Araúxo, por exemplo, escribano, quen en 1.715 dona unha capela na igrexa de San Xoán, en cuxa construcción participaron os Sarmientos, condes de Ribadavia. Logo, no Casco, temos a Francisco Clemente Cambra, médico, ciruxán, enterrado en 1.868 no seu panteón. No mesmo lugar do Casco temos tamén a Rogelio Estévez Cambra, tio avó do que esto suscribe, notario en Bahía Blanca (Arxentina).
Invitamos a tódo-los viaxeiros da Historia e Natureza en Ruta a chegarse a este lugar ou vieiro do Casco onde aínda se atopa o fogar de Rogelio e o meu, tamén a placa homenaxe rendida a persoa de Rogelio polos vecinos e o Concello de Salvaterra. Como parte interesada, animo os viaxeiros a curiosear e lembrar a Ignacio Estévez Castro é a súa dona Pilar Cambra y Rivas, pais de Rogelio, nado o 27 – 09 – 1.866. A familia materna tiña varios escribanos públicos que posibilitou que Rogelio estudiara en Tui, Humanidades, que fornecería a súa sólida base intelectual que non desaproveitou.
Com outros moitos vecinos, colle o camiño da emigración cara a Arxentina un Mércores Santo, do ano 1.881 desde o porto de Vigo no vapor Valparaiso chegando a Arxentina e desembarcando en Bos Aires o 6 – 05 – 1.881. No ano 1.899 fóralle expedido o título de escribano pola Suprema Corte de Justicia de La Plata, trás un brillante exámen. Destinado a Bahía Blanca cando aquela poboación non tiña maís de cinco mil habitantes, foi responssabilizandose do Registro Civil, Ensinanza Primaria, Bombeiros, etc…
Alargamos a estadia en Fornelos é detémonos un pouco mais porque Gonzalo de Avalle, señor de Fiolledo era dono do Coto de Fornelos é casara con Inés Sarmiento e Manuel, filla de García Sarmiento; outro personaxe fora Francisca Rodríguez Avalle nada en Fornelos quen pasara a residir a Fontenla en Ponteareas. Francisca fora madriña de Xoán Antonio, fillo de Xoán Francisco Araúxo e da súa dona Rosalía Troncoso do Casco. E si miramos atrás lémbranos Maria Añez, casada con Vasco Martinez Novaes e Pimentel que tiveron a Alonso Vazquez Pimentel quen loitou en Castela por Alfonso X, El Sabio. Lembramos os Pereira de Castro emparentados cos Soutomaior, a Xoán Francisco Araúxo e a súa dona Rosalia Troncoso ou a Francisco Magariños quen desempeñara no século XVI o cargo familiar do S.O. Este Magariños foi pai do Alferez Alberto Magariños Martinez, casado con Antonia Vazquez Romero.
Deixamos Fornelos é pola mesma estrada nos encamiñamos a San Martin de Moreira. Xá no Concello de Ponteareas, onde según datos tomados do Libro de Mariano Piñeiro Groba, os Pereira de Castro tiñan casa solar. En 1.723 Fernando de Oxea tivera un fillo crego, fundador da capela do Santo Nome de Xesús en Pontillón.
Abél Troncoso de Lira, fora señor de Moreira é casara con Constanza Gonzalez Carballido de Arcos. Martin Salgado fora Contador do Tribunal da Inquisición.
Das notas históricas de Mariano Piñeiro Groba, deducimos que os Pereira de Castro tiñan casa solar en esta feligresia. En ela vivira en 1.705 Francisco Pereira de Castro, e a súa dona Maria Rodríguez Requeixo. Francisco fora escribano e falecera en 1.755.