Ruta 3.- De Salvaterra a Ponteareas pasando por Fornelos (III)

Descubra amigo con Historia e Natureza en Ruta como se achega a San Pedro de Angoares despois de deixar Moreira, para deternos a contempla-la igrexa, monumento único de estilo román que formaba parte dun antigo mosteiro benedictino, coa súa planta de cruz latina é absíde rectangular é soamente comparable coa de Santa María de Tera en Zamora.

Chegar a Angoares é lembrar a Gregorio de Ocampo e Castro que fora capitán naqueles tempos; terra de mainzos e viño, terra de ciclistas como os irmáns Rodríguez, Delio, Emilio é Manolo, etc… Feligresía tan unida a de Ponteareas que a maoria das veces confundense coas propias de Ponteareas.

E como nón, falamos de Ponteareas é reflexionamos un pouco decindo: Si Salvaterra é a capital do Condado, As Neves o Sol do Condado ¿Qué lle queda a Ponteareas? Pois ser a cabeza do Condado, porque de sempre foi vila de feiras e mercados ademáis de testimuña de nomes históricos, políticos, músicos, deportistas como Castro, Bugallal, Alemparte, Brey, Bouza, Soutullo, os irmáns Delio e Emilio Rodríguez e un moi longo etc…

Historia e Natureza en Ruta, comproba como Ponteareas é unha vila de ben comer e ben beber os lixeiros é frescos viños do Condado.Tamén é unha vila de sosego da alma serea, das festas do Corpus é da Nosa Señora dos Remedios.

Os Viaxeiros de Historia e Natureza en Ruta, non deixamos de gozar do pazo de Canedo que o Conde de Salvaterra en 1.715 dona os franciscanos que o convertirían en convento. Aproveitamos o monte do Doce Nome de Xesús pra contempla-lo Castro de Troña, situado a 280 metros de altitude, é lembramos a existencia da cultura castrexa é román.

Tampouco podemo deixar de lembrar a historia dos Castro, descendentes do rei García, tan extendido é con tantos parentescos co Conde de Crecente é Salvaterra.

Dos Bugallal, de tanto arraigo na vila, procedian do rueiro Bugañal de San Simón de Lira que moi pouca xente sabe. Lémbranos a Gabino Bugallal é Araúxo, ministro da Coroa quen foi nomeado Conde por Maria Cristina de Hasburgo a Adelaida García Rodríguez, viúva de Saturnino Álvarez Bugallal, ministro, senador e diputado.

Xente importante foi Francisco Súarez de Puga, de Canedo, casado con unha señora descendente dos Ameixeiras de Fornelos, bautizando o seú fillo en San Martin de Moreira en 1.704. Outro falecido en 1.667 fora Pedro Salgado, cabaleiro de Santiago quedando como herdeiro Benito é Maria Salgado.Tamén Pedro de Barros Salgado en 1.670 fora nomeado cabaleiro de Santiago. Gregorio Asero de Zúñiga, fora xuiz de Oliveira e escribano en Salvaterra, súa dona María Súarez de Puga era nada en San Lorenzo de Oliveira é irmán de Manuel é Bartolomé Barbeito inquisidor da Supema. Francisco, fillo do anterior tamén de San lorenzo de Oliveira chegou a capitán e rexidor de Puerto Real.

Os viaxeiros de Historia e Natureza en Ruta, fan un descanso na rúa de Abaixo pra tomar un piscolavis porque agora toca lembrar a Reveriano Soutullo Otero, nado en Ponteareas en 1.884 e falecido en Madrid; a Xerónima de Puga de Areas, Puga e Quiñones e Puga Araúxo de Cristiñade en 1.670 emparentados cos Vieitez é Pereira da Casa Grande de Sela en Arbo. Non podemos deixar atrás a Antonio Ponce de León quen en 1.676 era maiordomo da cofradia de San Blas de Areas. Gonzalo de Ocampo Bugarín frai confeso da Orde de Cabaleiros de San Xoán de Xerusalén falecido en 1.700. Nin tampouco podemos obviar a Pedro Novais “o Vello” de Ribadetea, Álvaro de Moreira e Moure; Lorenzo de Montenegro e Soutomaior Oca Sarmiento e Mariño de Cristiñade, rexidor, xuiz é deputado das Xuntas do Reino. Francisco Gomez de Meneses cofrade de Animas en Areas aló por 1.668. Os Garra provenentes do Infante de Aragón, Alfonso de Garra. Xosé Antonio Lorenzo de Bugallal e a súa dona María Saavedra e Ramirez. Pedro Lorenzo Bugallal e Ramirez, notario, nombrado por Carlos IV en 1.792.

Anuncios

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.