Ruta 5.- De Leirado as Neves pasando por San Adrián de Meder

Deixamos San Simón de Lira sin deixar mollar a palleta pensando,ademáis do interese cultural e histórico, nas adegas onde compre obligada parada, en terras de Antonio de Castro Troncoso Lira e Soutomaior. Así o fixemos despois dun bó xantar regado con viño de adega de Cotoredondo en Rubiós; dialogamos con veciños,perdémonos entre os viñedos e falamos de Pedro de Castro Ulloa e Moscoso é de Francisco Álvarez de Castro, priemiro dos marqueses de Bellestar, señor de Ventosela, de San simón de Lira que máis tarde pasou a Indias (America).

Rondamos a terra de Rodrigo Troncoso de Lira que fora capitán na defensa de Salvaterra e cabaleiro de Santiago. Lembramos a Manuela Josefa Enriquez de Mendoza que tivo pleito na Real Audencia de A Coruña en 1.715 litigando en nome dos seús fillos con Antonio Troncoso de Castro e outros, de San Salvador de Leirado con Xoán Rodríguez, abade e outros sobre o dereito que lles correspondía a cobrar de 24 ferrados e medio de pan que lles debían pagar polo lugar e casas de Barcia de Lira, fundado por Francisco de Avalle no ano 1.546.

Constanza Novaes Ozores, nada en Lira levara en dote os beneficios curados de San Salvador de Leirado e San Adrián de Meder; María Vazquez Pereira de Castro, casada en Lira en 1.679 con Bartolomeu Troncoso de Lira fora a herdeira da casa de Leirado. Tamén fora de Leirado Xoán Esteban Tellado Yañez de Barros, e Francisco Antonio de Castro Troncoso de Lira Soutomaior Ulloa e Moscoso en 1.702. Tamén Pedro irmán do anterior e mesmo lugar ou rueiro. En canto a mulleres lembramos a Antonia Troncoso Ulloa e Moscoso, casada con Pedro de Castro Moscoso e o seú fillo Francisco empadoado en 1.702 como fidalgo. Constanza Novaes Ozores quen levou en dote a mitade das xurisdicción de Soutolobre.

Emprendemolo camiño a Taboexa é Rubiós pasando por San Adrián de Meder con parada na capela da Nosa Señora da Luz, partícipe en gran parte da historia do Conde de Salvaterra. Zona de bos viños donde fai anos probara os de Africa Porto con Xosé María Alonso Cambra, Álvaro Cunqueiro e outros.

Descubre en Historia e Natureza en Ruta, como se cultiva o viño con cariño e orgullo de que é da casa, porque nesta terra fora sempre a elaboración do viño co home e a terra. Onde axa unha leira alí hai unha vide. Xá no tempo do rei García se enviaban estes viños a Roma e Inglaterra. O conde de Gondomar, como embaixador facia o mesmo, pero en cubeta de prata. Que decir desta terra, tan familiar! Daquí sairon escribanos e avogados como Beremundo Cambra, Francisco Cuevas e Cambra, que restauraron a capela da Nosa Señora da Luz deixando constancia no seú frontal polo cariño e eterna memoria do seú ben querido pobo. Os Estévez Cambra, os Álvarez das Rodas, etc, Ubeira, Saá, Rodriguez, Novoa é moitos máis que coñecín de cando eu era meniño. Chegamos a Santa María de Taboexa lembrando a Rodrigo Vazquez Pereira de Castro, herdeiro do beneficio de Santa María; tamén cabe lembrar aquí os Barbeito que foron moi distinguidos posendo o patronato de Santa María, chegando a probar a súa nobleza na Real Chanceleria de Valladolid en 1.688. Pedro Vaz ou Vazquez Pereira de Castro, señor da Barbeita que levaba anexa o padroado da abadía de Taboexa, casara con Ginebra Fernandez Carballo, filla de Luis Alfonso de Carballo, abade de Taboexa o cal en 1.564 sendo patrono do beneficio de Santa María, deixa en testamento a Pedro todo coa provisora de Tui. Tamén C.Rodrigo herdara o Patronato de Santa María. Seguimos camiñando e diriximos os nosos pasos a abadía de Santiago de Tortoreos encontrando no camiño virtual a Pedro Martínez, que fora alferez de infanteria e xuíz ordinario. Inés de Puga, nada aqui, filla de Xoán Teixeira de Corzáns é Isabel Suarez de Tortoreos. En tempos máis proximos había no Ravelo a familia de Blanco, Rodriguiño, Barbeito, Soto Campos, Cambra, Muñoz e outras familias procedentes dáquela fidalguia que se foi perdendo a través do tempo. O máis importante son os Colexios erexidos baixo a tutela do marqués do pazo da Merced, como centros de ensinanza, antes relixiosos e hoxe Centro de Estudios Medios. Deixamos os Barbeitos, oriundos da casa solar de Piñeiro de Corzáns, como señores do coto e xurisdicción de Liñares e encamiñamos os nosos pés ata a igrexa de Nosa Señora de As Neves, onde damos “recado ” dun bó xantar todo él regado con un tinto de Rubiós no restaurante Montesol acompañado de una fermosa panoramica do val do Miño. Aproveitamo-lo tempo pra lembrar a Pedro Pereira que casara con Antonia Troncoso, filla de Domingo Álvarez Troncoso e de Antonia Troncoso.

Descubre amigo en Historia e Natureza en Ruta, As Neves ubicada no interior meridional da provincia, bañada polo rio Miño en 10 km. Descubre amigo, como esta ben querida terra e concello, data do ano 1.904, antes recibira o nome de Setados, que tamén existe. O nome de Nosa Señora de As Neves débese o século XVII – Daquela época román e medieval quedan pontes e a acequia de Vide. O santuario, a capela a uns 30 mts. Do peñasco ligado a cultos precristiáns está a capela do século XV e unha pila bautismal do século XVI. Tamén o San Rosendo do século XVIII. Todo esto e moito máis con unha panorámica extraordinaria sobre o Miño.

Descubre con nos, como As Neves é un perfecto equilibrio entre as rúas, prazas e camiños cos seus cruceiros, horreos, etc. Que a fan moi acolledora e ben chamada “Capital do sol do condado”.

MEMORIA DA MACHADA.

Chamada así por nos, polo maior conxunto de machadas de pedra de gran tamaño, certificadas por Rosa Villar, pra quen, non cabe dúbida, achegase a existenza dun Paleolítico galaico, sendo PORTOMAIOR unha auténtica fonte de localización prehistórica, según se refere Eduardo Méndez quen dí: “temos catalogados arredor de 4.000 pezas cuxa idade é superior os 250.000 anos”. Todo isto demostra que esta terra non foi un caso aillado e que, polo tanto, os humáns chegaron ata aquí o tempo que o resto da Peninsula. De Portomaior obtivéronse diversos instrumentais primitivos que moitos membros do equipo de arqueólogos están estudando por ser aquí onde se descubriron o maior conxunto de machadas de pedra de gran tamaño de Europa (máis de 100) con 300.000 anos de antiguedade. E pois, Portomaior, unha auténtica fonte prehistórica que pola importancia que ten, recollémola aquí moi gustosamente. (Datos recollidos do Faro de Vigo do 16 – 01 – 2.011. Equipo de Estudos Miñoranos). Tamén aproveitamos-la ocasión para que os viaxeiros en ruta fagan unha paradiña en Portomaior, gustarálles.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.