AVALLE / ABALLE / OVAL / OVALLE

Da antiga fortaleza de San Paio de Fiolledo é a casa solar dos Avalle, como probán en 1.715 MANUELA JOSEFA ENRIQUEZ DE MENDOZA DOXO TAMAYO E GUZMAN, viuva de XOAN ANTONIO SALGADO DE AVALLE E ACUÑA, emparentados cos PREGO DE MONTAOS de Vilavella de Redondela.

Os de San Paio de Fiolledo, alcanzaron ser donos e señores xurisdiccionais da Casa da Granxa en Cambados, Salceda de Caselas, San Pedro do Val Miñor, Marrán de Fornelos de Montes, Ponteareas, etc.

MANUELA JOSEFA ENRIQUEZ DE MENDOZA, deixou ben asentado co primitivo solar deste linaxe non foi outro co da casa de Fiolledo. O seu home era persoa principal, cabaleiro de Santiago, rexidor pola cidade de Ourense, señor da casa de Borraseiros, do pazo de Amoeiro, etc.

Sostivo un pleito na Real Audencia de A Coruña, en 1.715 litigando en nome dos seus fillos menores con ANTONIO TRONCOSO DE CASTRO e outros veciños de San Salvador de Leirado, con XOÁN RODRÍGUEZ, abade e veciños das feligresias de Fornelos de Montes, Soutolobre, Pedrafurada, Pesqueiras sobre o dereito que lle correspondía a cobrar 24 ferrados e medio de pan que lle debían de pagar polo rueiro e casas de Soutolobre, etc… correspondentes o maiorazgo de Barcia de Lira, fundado por FRANCISCO DE AVALLE no ano 1.546.

A Casa de Fiolledo alcanzou ser rica e suntuosa en pasados tempos. Dela sairon bens incorporados en cuantosos maiorazgos, que gozaron diversos familiares descendentes deles. A esta casa pertencian os beneficios curados de San Miguel Cabreira e de Santa Mariña de Pesqueiras e sendo dono FRACISCO DE AVALLE, os vinculou o señorio xurisdiccional do Coto de Barcia de Lira, así como outros bens e rendas que sinalou por tercio e quinto no seu testamento otorgado o 22 – 12 – 1.546. Outro maiorazgo foi o fundado en 1.585 por BALTASAR DE AVALLE, un dos dez fillos de Francisco.

Os AVALLE de Fiolledo, de tantas regalías, somente conserva o patronato de beneficio curado de San Lorenzo de Fornelos de Montes, vinculado en 1.601 con algo máis de mil pesos de renda.

Desta familia sairon numerosas figuras fidalgas; Frai XOÁN DIEZ DE OVALLE, comendador de Alcántara en 1.349; GONZALO DE OVALLE, conquistador de América, polo seu voto fundouse Guatemala en 1.524. IGNACIO DE AVALLE E PATIÑO, nado en Oleiros, falara aló polos anos 1.753 de compoñer un Nobiliario do Reino de Galicia, quedando en proxecto como outros traballos seus.

Dos datos tomados do “Memorial da Familia” sabemos que: LOPE GARCÍA DE AVALLE, fora pai de GONZALO DE AVALLE, que sigue a liña familiar e FRANCISCO DE AVALLE, que sigue a liña dos de Salvaterra:

1.- LOPE GONZALEZ DE AVALLE, tivo por fillo 2º a FRANCISCO DE AVALLE, nado en Salvaterra e señor do coto de Barcia é castelo de Fornelos. Casado con CONSTANZA NOVAES OZORES, nada en Lira, levou por dote, a mitade da xurisdicción de Fornelos de Montes, Soutolobre e Corzáns, así como os beneficios curados de San Salvador de Leirado e San Adrián de Meder. O seu fillo PEDRO VAZ OZORES DE AVALLE, señor de Lira, herdouo vínculo fundado pola súa nai. Casado con MARIA TRONCOSO DE LIRA, filla de RODRIGO TRONCOSO DE LIRA e de ANA GONZALEZ DE BARROS. Deste matrimonio nacera BENITO DE AVALLE TRONCOSO, nado en Lira, cabaleiro de Santiago, na que ingresou o 17 – 05 – 1.645, gradúandose en Salamanca e pasando a servir a S.M. Outro irmán foi RODRIGO DE AVALLE.

Polos anos de 1.700 os AVALLE poseían casa en Ponteareas, onde vivira MARÍA MOSQUERA SARMIENTO DE AVALLE, nai de Frai MIGUEL DE AVALLE, monxe e predicador do mosteiro San Martin Pinario en Santiago de Compostela. Desta casa foron:

    – LEONOR DE AVALLE,casada con FRANCISCO RODRIGUEZ.
    – TELMO AVALLE, casado con MARIA ANTONIA MERA.A sua filla FRANCISCA AVALLE,casara con BELARMINO PUGA OZORES.

2.- GONZALO DE AVALLE, señor de Fiolledo, ademáis dos cotos de Canedo, Nogueira e Barcia, casara con INÉS SARMIENTO E MANUEL, tamén chamada INÉS SARMIENTO DE SOUTOMAIOR, a cal era filla de GARCÍA SARMIENTO, señor de Sobroso; de segundas con MARÍA MANUEL, condesa de Carrión. 3ª neta do Rei San Fernando. Desta unión naceran duas fillas, unha delas, casara na casa de Teans, e a outra, Beatriz, seguiu a liña familiar. Esta BEATRIZ DE AVALLE SARMIENTO E MANUEL, testara en Salvaterra o 17 – 04 – 1.511 casando co seu primo DIEGO MARRAN DE SOUTOMAIOR E AVALLE, dono do solar de Marrán en Fornelos de Montes. Ambos foron donos de Fiolledo e Marrán. Tiveron tres fillos, a saber:

    – AGUEDA DE AVALLE, que segue a 1ª liña familiar.

    – FRANCISCO DE AVALLE, que segue a 2ª liña familiar.

    – GINEBRA DE AVALLE, que segue a 3ª liña familiar da que descenden os da casa de Petán en Vilavella (Redondela).

AGUEDA DE AVALLE, sucede os pais nas casas solares de Fiolledo e Marrán; esta boa muller alcanzou unha vida longa, pois vivía polos anos 1.505. Do matrimonio con PAIO MARIÑO DE LOBERA, nacera GREGORIO DE AVALLE MARIÑO DE LOBERA, que seguirá sendo dono e señor de Fiolledo e Marrán. Casado con MARIA PEREIRA DE CASTRO, filla de PEDRO BAEZ PEREIRA DE CASTRO e de GRIMASELA PEREIRA, da feligresia de Porto. Foron fillos.:

    – PAIO DE AVALLE E PEREIRA, quen sigue coa liña familiar.
    – PEDRO DE AVALLE MARIÑO DE LOBERA.
    PAIO, dono e señor dos cotos e casas referidos,casara con ANTONIA DE PUGA, nacendo GREGORIO DE AVALLE, dono e señor dos cotos de Fiolledo é Marrán. Casara coa sua prima FRANCISCA DE PUGA. Tiveron por fillos a:

      – JUAN JOSÉ DE AVALLE, o cal casou con FRANCISCA PATIÑO, filla de JACINTO PATIÑO DE AVALLE é de MARÍA ARAUJO, DA CASA DA Barcia. Ambos tiveron a: IGNACIO BENITO AVALLE, casado con MARIA ANTONIA DE ARAUXO, veciños de Salceda de Caselas, por 1.794. O fillo destes, MANUEL ANTONIO AVALLE SARMIENTO, en 1.794 librou información de nobleza na que declara entre outros, DOMINGO ANTONIO GIL, familiar do Santo Oficio e veciño de Salceda, aseverando que MANUEL, era dono e señor lexítimo das casas e maiorazgos de Fiolledo e Marrám así como da Bacaría e desta vila de Salceda e seus agregados que están gozando de regalías. Uniuse en matrimonio con ANGELA CERVELA NOVOA E TEIXEIRA. Do matrimonio naceran:

        – PEDRO CARLOS AVALLE E CERVELA, que solicitou entrar a servizo da S.M. En 1.794.
        FRANCISCO DE AVALLE E MARRAN, fora comendador de Santiago, poseéra os beneficios curados de San Miguel de Cabeiras, Santa María de Pesqueiras é da capela do Bon Xesús de San Lorenzo de Salvaterra. Casara con ELENA PEREIRA DE CASTRO, sin fillos. Herdou por tanto o seu irmán, BALTASAR DE AVALLE PEREIRA DE CASTRO, que levou a lexítima da casa de Fiolledo fundando maiorazgo en 1.585 a favor do seu fillo:

        – GREGORIO DE AVALLE E LANZÓS, casado con ISABEL DE LANZÓS. Este GREGORIO, casara con BEATRIZ DE AVALLE, sendo desposeido dos seus bens polo seu tio GONZALO DE AVALLE, en pleito entre irmáns.

GINEBRA DE AVALLE, casada con ALONSO LASO, de Vigo, en 1.593 tiveron por fillos a:

    – ANA DE AVALLE LASO E MARZAN, que sigue a liña familiar.
    – BEATRIZ DE AVALLE E ROMAY.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.