BARROS

Das casas de Salvaterra e Canedo. Procedian de Braga en Portugal. Ingresaron nas ordens Militares, na de Santiago AGUSTIN DE BARROS SALGADO, de Salvaterra en 1.644.

Do libro “SAN FRANCISCUS”, sabemos que os Barros tiñan enterramento na igrexa de Salvaterra. ECTOR BARROS E SILVA, pasara a Flandes onde Carlos V o fixera Capitán de Milicias, casara con CATALINA ALONSO DE SEQUEIROS. Fundaran no lugar da Cruces San Miguel de Canedo. Foron fillos:

    – XOÁN DE BARROS, cardenal en Santiago; enterrado en Salvaterra.
    – INES DE BARROS, casada con PEDRO BERMUDEZ DE CASTRO.

No archivo da Real Chanceleria de Valladolid, existen datos dos Barros, descendentes de Salvaterra que gañaron executiva de fidalguía a finais do século XVII:

    – XOAN ESTEBAN DE TELLADO YAÑEZ DE BARROS, veciño de Salvaterra, e logo de Leirado, casara con BERNARDA RODRÍGUEZ DE SOMOZA, con descendencia.
    – DIEGO BARROS TRONCOSO DE LIRA E MONTENEGRO, Rexidor Decano de Salvaterra en 1.702, casara con XACINTA ROSA LOBATO.
    – FRANCISCO ANTONIO DE BARROS TRONCOSO DE LIRA, nado en Arentei en 1.704 casara con MANUELA VARELA E ANDEIROS.

En Ponteareas aparecen o capitán XERÓNIMO BARROS. Outra XERÓNIMA BARROS, casara con PEDRO ALFARO. En 1.644 fixeron de padriños Xerónimo Barros e Isabel Vallejo. En 1.784 Francisco Xavier Barros era maiordomo e apoderado xeral dos estados do Conde de Salvaterra e marqués de Sobroso, quen era entón, XOSÉ MARÍA FERNÁNDEZ DE CORDOBA SARMIENTO E SOUTOMAIOR e a sua dona MARÍA ANTONIA VILLAROEL VILLARIA.

Os Barros en Ponteareas emparentaron cos Alfaya, Arjones, Avión, Bugarin, Castro, Dacosta, David, Docarmo, Domínguez, Estévez, Fernández, Garbin, González, Martínez, Outerelo, Ribero, Rodríguez, Sotelo e Súarez.

Na Cañiza o fixeron con, Gómez, Mosquera, Pérez, Rodríguez, Sanjuan e Soutullo.

En As Neves, cos Couto, Gonzalo, Groba, Martínez e Rodríguez.

No Covelo, con Santos de Maceira.

En Arbo, cos Estévez e Nuñez.

No concello de Mondariz o fixeron con Alonso, Andion, Barros, Bello, Bernardez, Carou, Fernández, González, Martínez, Rivas, Sotelino, Táboas e Vázquez.

En Salvaterra do Miño, con Estévez, González e Romero.

Por último en Salceda de Caselas o fixeron con, Cortiñas, Martínez, Nuñez, Pérez e Presa.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.