LIRA

Con casa solar na feligresia de San Simón de Lira, tomaron as armas dos Pereira de Castro, Troncoso, Castro é Correa. Asi temos a FRANCISCO CORREA TRONCOSO DE LIRA, casado con GRIMESA DE CASTRO, en tempos de Felipe II, e alianza dos Troncoso cos Soutomaior. LUIS TRONCOSO DE LIRA, describe a Casa Torre e a casa solar que dí estar na feligresia de San Simón de Lira, “así mesmo en el ovispado de Tuy, la cual es de piedra y fábrica muy antigua, y tiene la dicha casa al lado izquierdo de la puerta principal, dos escudos de armas, y en la de encima están al lado derecho y da en la mano y al otro lado hay dos cuarteles y en el de arriba se conocen las armas de los Soutomaior, que son unos ajedreses, y debajo destos están las armas de los Troncosos, que son un tronco desnochado. Y en otro escudo, que está más abajo deste, hay dos tarjetas, y en la de la mano derecha están más armas, que no pudimos conocer, ni hallamos quien nos diere razón dellas, y en la otra tarjeta está una onza abazada con una espada encima tiene un castillo, y remata con un águila sobre él, y algunos terstigos… dijeron ser también esta onza arma de los Liras y que dicha casa y jurisdicción del dicho coto de Lira hasta llegar a la puente de las Partidas, que será más de media legua de tierra, lo posee todo hoy en 1.665”. LUIS TRONCOSO DE LIRA, que e señor así mesmo desta casa e xurisdicción de A Picoña, como descendente de DIEGO DE LIRA, seu quinto avó. Outros do mesmo linaxe levantaron casa en Aréas, pazo de A Picoña e outros en San Miguel de Corzáns.

Probaron a súa nobleza na Orde de Santiago en 1.654 – 1.674 – 1.677, esta última na de Calatabra, asi como tamén na Real Chanceleria de Gardamariñas.Pola RAMA 1ª. Señores de Lira e A Picoña. A partir de DIEGO DE LIRA TRRONCOSO, chamado “O vello”.

    – GARCÍA DE LIRA, fillo de GARCÍA BERMUDEZ DE TRABA e de GODINA DO MATO, aínda que outros din MONTENEGRO, tiveron por fillos a:

      – ALONSO GOMEZ DE LIRA, casado cunha VILLAMARIN. Do matrimonio naceron, VASCO ALONSO DE LIRA, casado con BERENGUELA LORENZO DE ABREU, do que naceron, GARCÍA VAZQUEZ DE LIRA, señor de Lira, casado con TODA PEREZ VILARIÑO, non tendo noticias sobre o particular. Parece ser co primoxénico fora:

        – ALONSO GOMEZ DE LIRA, servidor do rei PEDRO de Castela; uniríase en matrimonio con MARIA ANNES DE CANTES ou CANTOS, filla do condestable de Inglaterra; viuva, casara novamente con JUAN FERNANDEZ DE SOUTOMAIOR. Deste matrimonio foi nado LOPE GOMEZ DE LIRA, quen casara con TERESA GOMEZ DE ABREU. Desposeido de todo-los bens, quedárase coa casa de Lira. Foron fillos deste matrimonio:

          – ALONSO GOMEZ DE LIRA, polos servizos prestados o rei JUAN I de Portugal, recuperou os bens de JUAN RODRIGUEZ DE SA, casado con unha Soutomaior. Tiveron:
          – ISABEL.
          – RODRIGO, señor de Lira e Monçao, onde fora xuiz. Casara con MARIA BERMUDEZ DE CASTRO. Do matrimonio naceron:

            – DIEGO DE LIRA TRONCOSO, coñecido polo Vello, que sigue a liña familiar.
            – LOPE DE LIRA BERMUDEZ.
            – ANTONIO TRONCOSO DE LIRA, de San Miguel de Corzáns.
            – DIEGO LOPEZ DE LIRA, que outros din de LIRA TRONCOSO, chamado “o vello”, coñeecido por DIEGO BERMUDEZ DE CASTRO, pleitexou pola capillania da casa de Arcos. Foi señor de Lira e casara con MARÍA ÁLVAREZ TRONCOSO DE SOUTOMAIOR, señora de TRONCOSO, de Moreira, Illade (Guillade), etc. Este matrimonio tivo tres fillos:

              – JUAN, que sigue a liña familiar.
              – RODRIGO que sigue a liña segunda.
              – ALDANZA, veciña de Moreira, casada con ANTONIO CORREA, chamado “o vello”, veciño de Monçao.

JUAN TRONCOSO DE LIRA DE SOUTOMAIOR, señor de Lira e Troncoso, casa con CONZTANZA VÁZQUEZ CORDESIDO. Foron fillos deste matrimonio:

    – RODRIGO, que segue a liña familiares.
    – FERNANDO, agraciado co hábito de Avis.
    – RODRIGO TRONCOSO DE LIRA e SOUTOMAIOR, señor de Lira e A Picoña, casara con MARIANA RODRIGUEZ; deste matrimonio naceron:

      – RODRIGO, que segue a liña familiar.
      – JUAN que fora abade de Parerrubias.
      – MORQUETE, casado con INÉS AVALLE MARIÑO. Os seus fillos, JUAN casara con MARIA SARMIENTO. Rodrigo, casara con Inés Gomez de Soutomaior, nacendo deste matrimonio:

        – LUIS, que segue a liña familiar.
        – Alonso, casara con Leonor de Araújo, de cuxo matrimonio nacera MELCHOR, quen foi despois abade de Santa María de Reboreda.
        – Luis Troncoso de Lira, aparece pleitexando sobre a capelanía da Casa de Arcos. Casara este con María Falcón de Soutomaior de Vigo. Disputara o señorio da Casa de Lira co seu primo en 5º en 1.673. Tiveran tres fillos:

          – Belarmino, que segue a liña familiar.
          – Luis, abade de Parerrubias.
          – María, casada con o capitán Juan de Araújo e Zúñiga.

Belarmino Troncoso de Lira, casara con María Pereira de Castro, irmán de Gómez Pereira, cabaleiro de Cristo. Luis, polos servizos na campaña en 1.659 nos sitios de Monçao e Salvaterra, elixiu o hábito de Calatrava. No ano de 1.663 presentárase para capela de San Breixano de Arcos, pola morte do abade, chamandose señor de A Picoña e veciño dela a Antonio Troncoso de Lira, clérigo, veciño de San Xoán de Fornelos da Ribeira, por escritura ante Gaspar de Araújo. Pero o abade seu chamaba Gonzalo de Mouriño.
Pola 2º rama troncal, temos.

    – DIEGO LÓPEZ DE LIRA, fillo de Rodrigo López de Lira e de María Bermudez de Castro, pais de:

      – JUAN, que segue a liña familiar.
      – RODRIGO, que segue a 2ª liña familiar.
      – ALDONZA, veciña de Moreira, casara con Antonio Correa, “O vello” tamen coñecido por Pedro Correa.

Rodrigo Troncoso de Lira, señor de Lira, casara con Beatriz Álvarez de Bacelar. Foron pais de:

    – Antonio, que segue a liña familiar.
    – Álvaro, casado con Constanza Rodríguez.
    – Gregorio, falecido en Ponte da Lima (Portugal).
    – Sebastián, descoñecido.
    – Ana, casada con Alonso Sánchez de Moscoso.
    – Elvira, casada con Gil de Valladares. Tiveron a: Rodrigo, casado con Urraca Pereira Suarez, filla de Alfonso de Lanzós e de María Álvarez Troncoso, nacendo desta familia, Juan Troncoso Pereira, inquisidor en Lisboa.

      – María, casada con Gómez de Abreu, con descendencia.
      – Margarita, segunda esposa de Alonso Sánchez.

Antonio Troncoso, chamado señor de Lira e outros eidos, casara con Mª Correa de Cerveira. Foron fillos:

    – Rodrigo, que segue a liña familiar.
    – Francisco, sen noticia algunha.

Rodrigo Troncoso de Lira, señor de Lira, casara con Ana de Barros de San Miguel de Canedo, falecido sin sucesión. Parece ser que Francisco (sen noticia algunha) é Francisco Correa Troncoso de Lira quen contribuiu o desenvolvemento de Monçao e outro eidos de España, cando Felipe II, tomara posesión do reino en 1.580. Casara con Grimesa Pereira de Castro, con numerosa prole:

    – Rodrigo, que segue a liña familiar.
    – Francisco, frade.
    – Isabel, casada en Portugal con Gaspar Rodríguez.
    – Alonso, abade de San Verísimo de Arcos.
    – Antonia.
    – Ana, relixiosa.
    – María.

Rodrigo Troncoso Troncoso de Lira, nado en 1.563. Pola morte do seu tio Rodrigo herdou o señorio de Lira e demais bens. En 1.617 acudiu cos seus basallos a vila de Vigo contra os turcos. Casara con Ana de Barros, e tiveron nove fillos:

    – Rodrigo, que segue a liña familiar.
    – María, casada con Pedro de Avalle e Marcos Novaes Ozores, fillo de Benito Avalle Troncoso de Lira, Conde de Salvaterra.
    – Ana, relixiosa en Monçao (Portugal).
    – María, casada con el licenciado Pedro de Lanzós e Andrade.
    – Maior, xemelga da anterior, relixiosa.
    – Ventura, relixioso.
    – Grimanesa,relixiosa.
    – Antonia, casada con Pedro de Castro Moscoso ,veciño de San Salvador de Leirado. O fillo, Francisco de Castro Troncoso de Lira e Soutomaior, fora empadroado en 1.702 como fillosdalgo na Real Chanceleria de Valladolid.
    – Abel Troncoso de Lira, señor do coto de Moreira, casara con Constanza González Carballido de San Verísimo de Arcos.
    – Rodrigo Troncoso de lira, nado en Leirado en 1.602, fora señor de Lira, cabaleiro de Santiago, capitan dos seus vasallos e Gonzalo Avalle, agregados na defensa de Salvaterra e Monçao. Rodrigo casara con Elena Pereira da Mezquita, da vila de Monçao. Tiveron seis fillos:

      – Juan, que segue a liña familiar.
      – Bartolome .
      – Elena, casada en Oporto con Juan S de Sousa.
      – Maria, falecida sendo nena.
      – Ana.
      – Antonia Jacinta, casada con Carlos Ozores Méndez de Soutomaior, fillo de Alonso Ozores e Inés Quesada.

JUAN TRONCOSO DE LIRA, señor de Lira, capitan dos seus vasallos e de Juan Salgado, agregados a sua Compañia. Casara con Teresa Francisca Salgado de Acuña, sen sucesión. Herdou seu irmán. BARTOLOMEU TRONCOSO DE LIRA E SOUTOMAIOR, viuse señor dun tercio da casa de Lira. Casara con María Pereira de Castro, herdeiras das casas de Porto e Leirado. Deste matrimonio naceron:

    – Antonio Jacinto, que segue a liña familiar.
    – Rodrigo, casado con María de Castro, portuguesa. O fillo de ambos, Francisco, en 1.787 casarase con Rita Ponce de León, natural de Areas. O fillo desta matrimonio, Antonio, casara con Angela Malvar, sobriña-neta, do arcebispo de Santaigo, é a filla de Dolores, casara con Juan Durán Álvarez, veciños de Lira. Tiveron nada menos que dez fillos:

      – Santiago, almirante e ministro de Marina.
      – Filomena, casada co Xeneral Luis Urzaiz Cuesta.
      – Antonio, herdeiro da casa de Lira.
      – Dolores.
      – Alonso.
      – Mariana Rosa, casada contra a vontade do seu pai con Jácome Sarmiento de Salvaterra.
      – Antonia María, casada con Fernando Gil de Araújo, de San Ciprian de Ribarteme.
      – Juana Liberata, casada con Fernando Pereira de Castro, fidalgo portugués.
      – Angela.
      – María Josefa, casada con Bartolomeu Antonio de Párraga e Vargas.
      – Antonio ou Jacinto de Lira Troncoso, nado en San Simón de Lira, sucedéralle o seu pai na casa de Lira; a sua nai María, nada en Porto, etc.

Servira a S.M. de alferez con 27 escudeiros de soldo o mes, en 1.705, ascendendo a tenente con 30 escudos de soldo. Estaba casado con María Manuel de Meneses de Ponte de Lima en Portugal. Tiveron cinco fillos:

    – Rodrigo de Lira Pereira Meneses, segue a liña familiar.
    – Juan, casase con Constanza Isabel Dantyas da Gama, queda viuva.
    – Luis.
    – María Quiteria, casada con Pedro López Callieiras de Portugal. Tiveron a
    – Francisca Maria Rosa.
    – Paula, casada con Manuel Rial Cotta de Melle de Braga, fidalgo da casa real e cabaleiro da Orde de Cristo.

Rodrigo de Lira Pereira e Meneses, señor de Lira, dos maiorazgos de Lira, Porto, Leirado e Vigo, en Portugal os de Boavista e Correlón. Foi patrón de San Simón de Lira e San Salvador de Coruxo. Estivo casado con María Teresa Pereira Borges Pacheco, en Braga. Tiveron catro fillos:

    – Francisco, que segue a liña familiar.
    – Antonio.
    – José.
    – Antonia Jacinta.

Francisco de Lira Troncoso, nado en Braga, sucédelle o seu pai como último dos Lira pois en ese tempo abolíronse en España estes previlexios. Casado con Tita Ponce de León de San Paio de Fiolledo tiveron dous fillos:

    – Antonio que segue a liña familiar.
    – María de Lira Ponce de León. Casada con Juan Durán de Vigo. Fillos deste matrimonio foron:

      – Antonio Durán e Lira, capitan de navio.
      – Santiago,Contralmirante e ministro de Marina.
      – Ricardo, capitan de fragata.
      – Francisco, Brigadier.
      – Dolores, falecida en Vigo.

Antonio de Lira Troncoso, nado en San Simón de Lira, sucede a seu pai cos vínculos da súa casa é
patronato das igrexas de San Simón de Lira e Coruxo. Foi o último poseedor do vínculo. Casara con Angela Malvar e Malvar, nada en San Martin de Salcedo. Foron fillos:

    – José, que segue a liña familiar.
    – Rodrigo, falecido en Cuba.
    – Severino, casado en Brasil.
    – Emilia.
    – Concepción, casada con Manuel María Sarmiento, abogado, falecido en Mourente, deixando os fillos:

      – Ubaldo, estudiante de leis.
      – Antonio, medicina.
      – Joaquin.
      – Jesús.
      – Candido
      – Purificación.
      – Agripina.
      – Ramón.
      – Balbina.
      – Mercedes.
      – Justa.
      – Dolores.
      – Filomena.
      – Carmen.

De José Lira e Malvar, que segue a liña familiar diremos que foi nado en San Simón de Lira e licenciado en leis na Universidade de Santiago. Casara con Carmen Montenegro Almoina. Entre os fillos, lembramos a Elisa, casada co Excmo. Sr. Jesús de Cora.

Os Lira de San Miguel de Corzáns así como os de San Simón de Lira eran fidalgos según a Real Chanceleria de Valladolid (Hidalguias leg.911-15). Dos de San Salvador de Piñeiro, Bartolomeu Troncoso de Lira, nado en 1.730, casado con Margarita Barros e Barros de San Paio de Alxen, tiveron:

    – Francisca Antonia, dona da casa dos Lira; casara con Francisco Barros Troncoso de Lira, de San Pedro de Arentei en 1.747. Deste matrimonio naceron:

      – José María, gardamarina en 1.802, pasou a Chile.
      – Vasco, di haber nacido en Corzáns.
      – Diego, pasou a Chile.

De tantos Lira que houbo, somentes lembramos os do concello de As Neves emparentado cos Perez de A Chan.

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .