Os de este apelido, probaron repetidas veces a súa fidalguia na Real Chanceleria de Valladolid. Ocupáronse nas tarefas do S.O. (santo oficio). Ingresaron nas Ordes de Santiago, Calatrava e Carlos III. O primeiro Méndez en encontrar foi:
- – Antonio Méndez Ozores de Soutomaior, con casa en Salvaterra, aínda que él vivira en Cristiñade por habérse-lle queimado a casa de Alcabra (Teáns), solar de Ozores, polos portugueses.
Non son moitos os espallados polo Condado de Salvaterra. Temos, no concello de Ponteareas, enlazados cos Cerdeira, Cuevas, García, López, Mayo, Novoa, Pardo, Pereira, Pérez e Pino.
En A Cañiza, emparentaron cos Estévez de Oroso, Gesteira e Portela.
No concello de As Neves, enlazaron cos Álvarez, Gil, Méndez, Pérez, Rocha e Rodríguez de Taboexa e Batalláns.
No concello de Covelo, enlazaron cos Rodríguez de Barciademera.
No concello de Arbo cos Méndez.
En Mondariz cos Súarez de Vilasobroso.
No concello de Salvatera emparentaron cos Castro de Meder, Lemos, Represas, Rodríguez e Silva.
Por último os de Salceda, enlazaron cos Carbalido, Fandiño, González, Méndez, Vaqueiro de San Jorge.