Merino da fortaleza de Sobroso en 1.534, casara con Isabel de Avalle. Este merino fora nada menos que Juan de Oya, descendente da casa solar de Atios no Porriño. Non encontramos no Condado moitos Oya; somentes no concello de Salvaterra, emparentaron cos Giraldez de Cabreira.
Outros Oya enlazaron con Piñeiro, Castro, Troncoso, Lira e Barros.
- – Lope de Oya Benavides de Cabreira, casara con María Súarez. Do matrimonio naceron Juan de Oya, capitán, que casara con Antonia Troncoso filla de Diego Troncoso de Setados e de Constanza Barrero de Ribarteme, con descendencia.