PEREIRA

Os Pereira descenden de distintas ramificacións, establecendose en terras ponteareáns con casa no Porto (Salvaterra). Mais ou menos relacionados entre sí exerceron señorio en Setados habendo chegado a ser casa e coto da Barbeita dos señores de Pegullal en Salceda de Caselas. Os Barbeita como se lles coñecía familiarmente foran moi distinguidos pois posuian o patronato de Santa María de Taboexa, entroncando cos de Leirado e Cristiñade, pervivindo ata nosos dias. Probaron a sua nobreza na Real Chanceleria de Valladolid en 1.736.

    – Francisco Pereira era de Santa Cristina de Valeixe en 1.736.
    – Melchor Pereira de Ovalle, de Santa Maria de Pesqueiras.

Outros pasaron a Portugal.
– Pedro Vaz ou Vázquez Pereira de Castro, señor do coto da Barbeita, levando anexo o padroado da abadía de Taboexa. Casara con Ginebra Fernández do Carballo, filla de Luis Alfonso do Carballo, abade de Taboexa o cal en 1.564 sendo patrono de santa María de Taboexa, deixa en testamento a Pedro Vaz Pereira de Castro todos os seus bens, coa aprobación do provisor de Tui. Este testara a sua vez na casa de Porto ante Martin Blanco, escribano real e veciño de Cabreira. Foron fillos deste matrimonio:

    o Pedro Vaz Pereira de Castro, que segue a liña familiar.
    o Rodrigo que segue a liña dos Barbeita, Pedro Vaz ou Vázquez Pereira de Castro, casara con Grimanesa ou Germineza Pereira de Araújo. Foron fillos do matrimonio:

       Luis, señor do coto de Lira.
       C. Rodrigo, herdeiro do patronato do beneficio curado de Santa María de Taboexa.

Luis casara con Ana Pereira de Castro, entre 1.580 e 1.600. Como se pode ler eran parentes. Fruto do matrimonio naceron:

    – Manuel Pereira de Castro.
    – María, casada en Lira en 1.679 con Bartolomeu Troncoso de Lira. María herdara a casa de Porto e Leirado. A sua nai aparece cos apelidos de Castro Varela e Soutomaior. Tiveron:

      o Isabel, casada.
      o Pedro, militou en Flandes.
      o Manuel, falecido xoven.
      o Juan, solteiro.
      o Francisco, casado con Inés Ramos.
      o María, solteira.
      o Grimanesa.
      o Luis, que vinculou os seus bens ante o escribano Gonzalo Freixáns.

Os do coto da Barbeita co padroado anexo de Santa María de Taboexa foron:
Lorenzo Gómez de Abreu, primeiro señor da casa e coto, casara con María Súarez. Tiveron:

    – Pedro Vázquez de Abreu, segundo señor, casado con Leonor Rodríguez. Tiveron: Pedro Vazquez de Abreu, terceiro señor, casado con Isabel López de Lobato, aínda que algúns decian ser Blanca Pereira de Castro con evidente erro pois esta fora esposa de Gregorio. Fillo do matrimonio foi, Gregorio Vázquez Lobato de Abreu, carto señor, casado con Blanca Pereira de Castro, neste matrimonio naceron:

      o Pedro.
      o Grimanesa.

Do antergo concello de Setados, os Pereira de Castro, de Santa Uxía, procedían da casa fortaleza de San Xoán de Fornelos da Ribeira incorporados os Soutomaior. Incluso emparentaran cos de Porto en Salvaterra.

    – Juan Pereira de Castro, nado en Setados, casara con Cecilia Pereira de Castro, nada en Santa María de Vide, tendo por fillos a:
    o Alonso de Vide, casado con Maria Ozores e Soutomaior nada en Crecente, do matrimonio naceron:

       Gregorio, nado en Vide, Comisario de Cabaleria das “Viejas Guardias de Castilla”. Decian ser fidalgos por todo-las liñas e descendentes dos Pereira da casa do Porto en Salvaterra. Cremos que tamén deberon ser:
       Jacinto Pereira, casado con Juana de Setados.

        • Pedro Pereira, fillo dos anteriores, nado en As Neves, casara con Antonia Troncoso, nada en Fornelos da Ribeira, filla de Domingo Álvarez Troncoso e Antonia Troncoso, ambos de Fornelos. Do matrimonio foi nado:

            o José Antonio,nado en Fornelos o 15-01-1,759,casado en Paredes (Portugal).

Do libro Ponteareas. Notas históricas de Mariano Piñeiro Groba, deducimos que os Pereira de Castro tiñan casa en San Martiño de Moreira. En ela vivira por 1.705 Francisco Pereira de Castro e a sua dona María Rodríguez Requeixo. Francisco exercera de escribano e faleceu o 26 – 07 – 1.755.

Moitos Pereira estan espallados polo Condado. No concello de Ponteareas os temos enlazados cos Araújo, Barros, Blanco, Boo, Carrera, Corbacho, Da Costa, Dosantos, Estévez, Ferreras, Filgueira, González, Groba, Ledo, López, Lorenzo, Malga, Martínez, Miguez, Muñoz, Neiva, Oliveira, Otero, Pereira, Pérez, Presa, Represas e Saborido.

No concello de A Cañiza emparentaron cos Antonio, Bouzo, Castillo, Diz, Moreira, Pereira, Pérez, Piña, Puga, Rodríguez e Vidal (Pereira de Siqueira).

No concello de As Neves emparentaron cos Alonso de Tortoreos, Barbeitos, Castro, Díaz, Duran, González, Martínez, Pérez e Súarez.

En O Crecente enlazaron cos Alonso, Álvarez, Antonio, Bouzo, De Jesús, Fernández, García, Parada, Paz, Pérez, Rodríguez, Vázquez, Vidal é Filgueiras de Filgueira.

No concello de Covelo enlazaron cos Abad de Barciademera, Araújo, Cousiño, Gómez, González, Vidal de Barciademera e algún mais.

Na localidade de Arbo emparentaron cos Bugarin, Cordero, Duran, Estévez, Fernández e Rodriguez de Cequeliños.

No concello de Salvaterra o fixeron cos Alfaya, Álvarez, Domínguez, Gándara, González, López, Mariño, Martínez, Míguez, Montero, Ojea, Pereira, Pérez, Pinto, Presa, Rodríguez, Rubianes, Souto, Sueiro, Vidal e Viñas de Alxén.

No concello de Salceda emparentaron cos Alonso de Budiño, Bernardez de Entienza, Besteiro de A Picoña, Blanco, Caballero, Chantada, Domínguez, Francisco, Gómez, Martínez, Rodríguez, Sousa, Souto e Vidal.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.