Con casa solar no concello do seu nome. Moi extendido por toda España e America. Probaron a sua noblezaen toda-las Ordes Militares así como na Real Chanceleria de Valladolid entre 1.535 – 1.580, son os titulos recaidos nestes individuos, entre outros, Conde de Crecente, Vizconde de Crecente, Condes de Salvaterra, marqueses de Sobroso e outros. Os enlaces con outras familias fora moi complicadísimo (tomemos nota), Lemos, Caamaño, Moscoso, Mendoza, Mariño, Valladares, Mosquera, Pimentel, Fernández de Castro, Sarmiento, Carballido, Ozores, Correa e un moi largo etc. Por iso somentes falaremos do “terceiro Pedro Madruga” Álvarez de Soutomaior, fillo bastardo de Fernando Yañez de Soutomaior, estudante e clérigo, herdeiro universal polo seu irma. Este persoaxe as tiña todas: orgulloso, cruel, soberbio e atrevido.
- – Pedro Alvarez de Soutomaior IV, chamado “O parricida” pleitexara coa sua irmá por cuestions de herencia. A sua nai, o abandoara e fórase a vivir a casa fortaleza de San Xoán de Fornelos da Ribeira, que aproveitou o seu fillo para mandar darlle morte na Rasela en San Miguel de Cequeliños. A muller fuxira ata a casa do crego de Arbo, Mendo Alonso, en busca de refuxio. De noite entraron os escudeiros do fillo e mataron a boa señora que encontraron debaixo da cama; facendo pedazos a sua cabeza e corpo. Pedro, o seu fillo, penetraba na casa forte de Fornelos que a ocupou e roubou, cargando coa prata, ouro e cousas de valor que levou a sua de Mourentan. Todo isto ocorreu no 1.517.
A sentenza fulminouno a demanda de Francisca, sua irmá, e o alcalde Ronquillo dictou sentenza:
“pudiendo ser habido y preso en cualquier pueblo de estos reynos, fuese arrastrado y encuvado, y despues de muerto que lo sacasen y escuartizasen, y hecho cuatro cuartos fuesen puestos en cuatro puestos del pueblo donde fuese habido”, y a devolver todo-los bens a sua nai e pérdida dos seus estados e maiorazgos. Non deron con él escapado en Portugal.