VIDAL

Os Vidal proceden da feligresía de Santa Cecília de onde Alonso Vidal era veciño obtendo executoria de fidalguia na Real Chanceleria de Valladolid o 7 – VI – 1.508. Pedro Vidal fora bisabó de Gregorio Pérez Mosco, arcediano do Cabildo de Santiago. Gaspar RodrÍguez Vidal, fora escribano en Cartagena de Indias en 1.759.
En Arxentina temos a:

    – José Francisco Vidal, casado en Bos Aires, no ano 1.778 con Rosalia de Saravia e Cervantes, tendo por fillo a:

      o José Celestino Vidal, coronel maior, héroe da independencia.
      o José Marcos Vidal, casado con Leonor Espinosa de los Monteros, cuxos fillo son:

         Agustrin Vidal, casado con Dolores Chavez Barcala, que tomara parte na fundación da cidade de “La Plata”.
         José Vidal, emigrante en Bos Aires, onde casara con María Manuela Zuerta de Salta.
         Felipe Vidal, de Padrón emigrado en Bos Aires. Outro, José María Vidal e Vidal, veciño de Bos Aires, fora gran benefactor santiagués a quen debeselle as escolas infanrtis de Conxo.

O apelido Vidal está espallado polo Condado que acollerá ben esta refrencia o amigo Manuel Cambra Vidal de Fiolledo o facer referencia a este linaxe.

Os Vidal emparentaron en Salvaterra cos Álvarez de Leirado, Bugarin de Fornelos, Domínguez de Lira, Fernández de Leirado e Alxén, González de Pesqueiras, Pazos, Pérez, Porto, Rodríguez de Meder, Corzáns e Fornelos. En Ponteareas emparentaron cos Armada, Barcala, Bouzo, Calviño, David, Domínguez, Garrido, Groba, Lorenzo, Pedrosa, Pereira e Rey. No concello de As Neves enlazaron cos Álvarez de Taboexa, Caldas de Rubiós, Fernández, Sabucedo e Vidal de Taboexa. No concello de Mondariz Balneario emparentaron cos Fidalgo. En cambio en Mondariz Pobo o fixeron cos Castro, Fernández, Fidalgo, Groba de Vilasobroso, etc. No concello de Crecente emparentaron cos Gómez, Pedrosa e Reinaldo. No concello de Covelo enlazaron cos Domínguez, González, Lourido, Rivera, Suárez e Vidal. Por último no concello de A Cañiza enlazaron cos Álvarez, Domínguez, Fernández, Gómez, González, Gregorio, Noriño, Pérez, Rivero, Soleiro e Vidal.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.