Foron señores do pazo de Sela, emparentados cos Puga e Pereira. Lembramos a Domingo Vieytez e Gil Vallejo, bautizado o 10 – 10 – 1.682. Casara en Sela o 18 – 12 – 1.705 con María Antonia de Puga e Novoa Sarmiento de Soutomaior. Foron veciños e habitantes do pazo. Fillo do matrimonio, Francisco Vieytez de Puga e Sarmiento nacera en Sela e casara en Mondariz en 1.735 con Luisa de Barros Estévez. A última das fillas, Rosa Vieytez de Puga e Sarmiento, nada en Mondariz, casara con Juan Ventura Alcalde Bugarin e Lira, escribano en Ponteareas.
Poucos son os que quedan na Comarca do Condado. No concello de Ponteareas atopamolos enlazados cos Cuevas, González, Rial, Romero, Vázquez. No concello de A Cañiza cos Gómez, Lorenzo. No concello de Arbo cos Domínguez de Cequeliños, Fernández, Lobariñas, Moure, Pérez e Rodríguez. No concello de Salvaterra emparentaron cos González e Pérez de Meder.