A persoa e o que é, mais o conxunto das suas posibilidades

PersoaA conversa dos expertos.

Dí ERIC KANDEL, persoaxe científico que a capacidade de aprender a partir da experiencia e o aspecto mais nobre do comportamento humán. Moitos dos problemas emocionais e psicolóxicos son aprendidos e polo tanto, plantearon, sí, cinco principios sobre o aprendizaxe, a saber:

1.-Todolos procesos mentais son neuronais.
2.-Os xenes e as proteínas codifican e condicionan as conexións neurais.
3.-A experiencia modifica a expresión xenética.
4.-O aprendizaxe cambea as conexión neurais.
5.-A psicoterápia e a educación alteran a expresión xenética.

CAROL DWECK, investigador da motivación, pensa que a intelixencia e algo fixo co que un nace. CAROL, chama a esa convicción “Mentalidade Estática” e tamén a capacidade que pode desenrolarse “Mentalidade de Crecemento”. ¿Adestrar o inconsciente?

O noso cerebro e maís intelixente que nós.

Da teoría a práctica

O que falamos da Universidade de Pais só pretende que o neno ou nena, adquira recursos fundamentais pro desenrolo do seu TALENTO. Por iso, debemos facer co neno ou nena, síntase que progresa, porque ese é un fantástico premio que lle impulsará a seguir prosperando.

Por último, a confianza en sí mesmos debe prolongarse co sentimento da propia dignidade. No Centro de Ensinanza de Primeira e na de Educación Secundaria os nenos e nenas teñen que soportar a comparación de “iguais”.

O sentimento da propia dignidade que exixe dos demais, e unha gran axuda porque en él básase a asertividade, a firmeza ante os demais. Dende o último curso de primaria, nos parece importante ensinar o neno ou nena, que un dos seus proxectos mais importantes vai ser o de facer a sua propia persoalidade.

A intelixencia xeneradora dos desexos.

Di BERTRAND RUSSELL, premio Nobel, que cando cos once anos escomenzara a estudar xeometría, fora un dos grandes éxitos da sua vida, tan deslumbrante como o primeiro amor. Nunca houbera imaxinado que houbera algo tan delicioso no mundo.

¿De onde veñen os desexos?
Dí BARUCH SPINOZA, que “a esencia do home e o desexo”. E decir, somos nados con unas necesidades, impulsos e desexos que disparan e dirixen o noso comportamento, orixen da nosa bioloxía procedente da intelixencia xeneradora, encarnada no noso cerebro. Necesitámolo para vivir, mais o mesmo tempo non nos podemos “fiar” deles. Por iso, tódalas culturas tiveron que preocuparse de educar nos desexos.

A nosa tesis e que os animais e os humáns somos nados con un repertorio fixo de necesidades e un repertorio programado de premios, e calquer educación ten que basarse en eles. Porque son fonte de enerxía e criterio de evaluación. E bó o que satisfai os nosos desexos e malo os que o frusta. Son bós os premios e malos os castigos. Iste é o pensamento do neno. A única diferenza entre as recompensas e os desexos humáns e que estos son moi variados porque a intelixencia os asocia e os interpreta. Un exemplo: O desexo de comer amplíase ata as delicias gastronómicas.

Tres poden ser os desexos básicos:
1.-O desexo de benestar persoal.
2.-O desexo de relacionarse socialmente.
3.-O desexo de ampliar as posibilidades de acción.

Tres desexos que non existen en estado puro, senon que se iran moldeando pola cultura. Por último, o “hábito” desperta tamén desexos, mais ou menos adictivos.

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.