As veces os soños cúmprense

emigrante soños

E o que lle pasou o creador de este blog coa visita familiar de José María Estévez Cambra, ilustre avogado de Bos Aires e o enxeñeiro, Gabriel Baéz Cambra de Bos Aires (Arxentina).

Ningún soño proporciona un cadro completo da miña vida, como cando captei algún que outro retallo de algún familiar descoñecido, nado na Arxentina e descendente daquel afastado 1.820.

Mais de cinco familiares para aló partiron. E amigos, aínda que non queirades, tódalas mañás espertaba con este pensamento.

Coido que cada día estremecíame ante os misterios que ocultaba o pasado. E tamén o que o futuro nos deparará. E gustosamente cos soños conseguín, unha parte importante da existencia daquela familia bonaerense a través do internet, que para min é un artefacto insospeitado.

Así é, amigos. Como digo, as veces os soños cúmprense e fanse realidade, porque no ano pasado polo mes do outono, tivemos a sorte de coñecer a familia de José María Estévez Cambra, fillo dun sobriño neto, como eu, de Rogelio Estévez Cambra, a súa esposa e as súas fillas, que en silencio, chegaron a nosa terra, para coñecer a orixe en Fornelos da Ribeira, da familia que aínda queda e o recuncho onde foron nados, como o que isto subscribe.

Non obstante, coa felicidade que me deron deste soño de hai moitos anos, continuei tomando notas daqueles estraños soños familiares de fai anos que, agora cúmprense e seguirán cumpríndose conforme vaia localizando mais familiares, co agradecemento das súas visitas a Terra Nai. As miñas visitas a internet tiñan lembranzas dubidosas e fixen todo o posible por desfacerme delas. Nos meus soños, adquirín unha maior liberta de movemento, flotaba en min, como si foran espíritos explotadores ou mentes cativas, provocadas por a idea familiar, procedentes do pasado xa afastado, é como si fora un descubrimento, ou provocación mental, fai uns días outro familiar, en este caso, descendente dun fillo de Clemente Francisco Cambra e Rivas, cuxos restos repousan no cemiterio de Fornelos da Ribeira, nos visitou, Gabriel Báez Cambra coa súa dona, cuñada e sogro, Pepe Peaguda, oriúndo de Celanova en Ourense que tanto agradecemos.

Dicíase que, cando unha mente cativa no estranxeiro é restituída e filtrada a outras idades, procederíanse a seguir certos momentos da historia, como os desexos incumpridos dos falecidos que non puideron volver a Terra Nai. ¡Cantos deles haberá!

Eu penso de esta forma que, a mente liberada, regresa a súa propia época con unha visión moito mais clara noutro mundo. Extírpase así, a maior cantidade de lembranzas que posiblemente, na mente de cada un dos galegos, lonxe do seu fogar, coidaban volver algún día, para quedar para sempre na súa terra natal. ¡Cantos deles haberá! Repito.

Algúns espíritos lembrarán, uns mais que outros e o azar, conxuntando estas lembranzas brumosas, permitindo que os descendentes aló na Arxentina, neste caso, volvan o terra de orixe, visiten o seu propio pasado prohibido, e establezan o vínculo familiar roto pola ausencia.

Indubidablemente, en ningunha época da historia deixouse de venerar este segredo do interior de cada galego, home ou muller, de querer, aínda que non puideron, visitar por última vez a súa terra.

Para todos eles, o noso respecto e veneración pois só a alma do galego sabe de sufrimentos. Para os meus parentes, e os que non son, que lembren dende onde se encontren que, aquí existen unhas xentes e uns fogares, sempre abertos a dar a benvida a “meca” de cada un deles.

Anuncios

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.