Por si hai quen non o saiba, o Sur de Pontevedra, no Concello de As Neves, existe San Mamede, no monte San Nomedio, que algúns historiadores e investigadores colocan no pensamento ancestral. Como xenios que sitúanse no interior da terra, manifestándose o exterior do mundo interior de natureza descoñecida co mundo dos homes, polas fontes, as covas, as gretas, etc.
En pleno Condado de Salvaterra do Miño – Paradanta, temos a San Mamede, enclavado en San Nomedio. Dende hai moitos séculos, pululan na historia, culturas desaparecidas, convertidas nun enclave xeográfico, para aparición de anomalías de calquera tipo.
De ser un punto abertamente esquecido, segundo Agostinelli, un santuario extraterrestre ou Meca, a que deberían peregrinar todos aqueles que se sintan atraídos polo Cosmos o 12 de outubro.
Algo debe estar pasando en San Nomedio, digo eu, polo halo de misterio crecente que envolve o Condado.
Xa en 1,987, Guillermo A. Terrera, no seu libro “Antropoloxía Metafísica” afirmaba que a zona que cae baixo a influencia da montaña, e depositaria “dunha redacción” que flúe dende a codia interior, a cal, unida a actividade cósmica, fai dela un delimitado paraíso terreal.
Santuarios famosos os temos, no monte “Shasta” na California (USA), a Capela do Monte, na Arxentina, a meseta de Marcahuasi no Perú, Monserrat na Cataluña, o Etna en Italia, o Pico Jaragué no Brasil ou Poanalto Central en Brasilia.
Os santuarios alieníxenas son buscados e logo encontrados con carga cultural mística.
Arrimarse o pe de San Nomedio e para estremecerse ante o vivaz sentimento místico que ascende nunha camiñada ritual ata o cumio, percibindo unha conmoción misteriosa, como os ocorridos no seu día, coa dita aparición da Virxe, porque os santuarios extraterrestres tamén existen na súa tremenda expansión de hoxe. E digo, ¿será a nova relixión para o século XXI?
Hoxe con tantos fenómenos, como o social e cultural, pode ser unha base dun novo sistema de crenzas para aqueles que están descontentos coas relixións tradicionais, e senten a necesidade externa que os poida dirixir para súa última salvación.
Calquera que sexa a súa natureza, están proporcionando ou mellor dito, propiciando un cambio de valores no pensamento humano que nos chega ata San Nomedio.
Antes de por punto e final a esta historia, digo que nos séculos XVII e XVIII o sueco Swedenborg, tivo unha serie de visións sobre a vida e as plantas, deixando un legado completo dalgúns aspectos do noso Sistema Solar que agora afloran con un cambio dimensional, incluído nas portas desde Planeta, como “esperanza para todos os pobos da Terra”.