Gabriel Baéz Cambra

Descendente de Ricardo ou Xoán Baustista Cambra e Rivas, fillo de Clemente Francisco Cambra de Fornelos da Ribeira, do rueiro do Casco, onde aínda existe a “casa solar e a capela”.

Grazas a unha estampiña da Primeira Comunión da súa nai Sara Elena Cambra Kennedy, descubrimos a esta parte da familia, para entón descoñecida.

Non o teño moi claro si e Ricardo ou Xoán Bautista Cambra e Rivas quen residía en Mercedes, ou si residían os dous. Un deles é. Tivo tres fillos: Ricardo, Clemente e Pedro Manuel. E precisamente Pedro Manuel o que casara con Evelyn Kennedy de cuxo matrimonio naceron: Maria Avelina, Juanita, e Sara Elena, nai de Gabriel e Graciela Baez Cambra.

Rogelio Estévez Cambra era sobriño tanto de Ricardo como de Xoán Bautista Cambra e Rivas.

Neste mes de setembro, tivemos a sorte de coñecelos na súa viaxe a España. E enxeñeiro, está casado cunha filla de Pepe Peaguda e ten dous fillos.

Participa en tódalas facetas da vida arxentina, tanto pola súa profesión, na Asociación Arxentina de Enxeñeiros a diversos niveis, como conferenciante da Medición de Caudal másico, distintos métodos, comparativa, ata comentarista, por exemplo do Interplaza Hotel de 5 estrelas.

Gabriel Baéz Cambra e, ademais dun profesional un home de sensibilidade espiritual herdada dos seus orixines familiares que todos felizmente conservamos como xente de ben.

Neste pasado mes de setembro, con toda a súa familia, puidemos tomar uns “changueiriños” de albariño en Monçao, en Portugal, fronte a nosa terra fornelense.

Aproveitámola ocasión para felicitar a Pepe Peaguda, polos seus 90 anos de vida e o seu merecido descanso despois de tantos anos procurando o “pan de cada día”. ¡Parabéns Pepe!

¿Lograremos alcanzar a coñecer o resto da familia espallada por Arxentina? ¡Intentarésmolo!

Anuncios

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.