José María Estévez Cambra

Este noso parente, José María Estévez Cambra e fillo de Carlos Alberto, e este de José María Estévez Cambra, irmán de Rogelio Estévez Cambra que, como se ve conservan ambos apelidos.

Nado en Buenos Aires o 27 de Abril de 1.959 graduouse en dereito na Universidade Museo Social argentino. Así mesmo é, aviador civil habéndose especializado en Dereito Aeronáutico e Espacial. Dende entón ven asesorando a particulares, empresas e áreas gobernamentais, intervindo activamente na vida diaria da xustiza argentina.

No mes de outono do ano 2.011 fixo agora un ano tivemos a sorte de coñecernos e visitar conxuntamente coa familia, por primeira vez Vigo e o rueiro do Casco en Fornelos, orixe do apelido.

Dende algún tempo dedícase a labor de investigar e lograr encontrar a descendentes de Clemente Francisco Cambra e Rivas que un día partiron para Argentina, e dedicáronse a “gañarse o pan de cada día” perdéndose toda relación familiar. O mesmo fago eu dende o noso curruncho galego.

Como home inquieto participa en múltiples activades que os xenes familiares lle afloran, tanto no exercicio da súa labor profesional, como noutras actividades sociais e culturais.

Está casado, ten dúas fillas que levan o Estévez Cambra con moita honra. Gustáronlle moito a nosa terra, penso que non tardaran en volver o eido orixe da familia.

O seu pai, Carlos Alberto Estévez Cambra, sobriño neto, como eu de Rogelio Estévez Cambra, que non coñezo, ten ilusión por visitar a terra do seu tío abo, onde o esperamos tanto a el como a calquera outro familiar !hai tantos aínda por coñecer!

Dende esta agarimosa terra que por ser nosa é agarimosa, unha preta para todos. ¡Ata pronto!

Anuncios

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.