A nosa América cooperativa

américa latina cooperativismo
Ante a falla do espírito cooperativo do noso pobo, hoxe os quero facilitar, como no extenso espazo xeográfico da América Latina, Arxentina, Chile, Perú, Bolivia, Ecuador e Colombia. Veñen resolvendo os seus problemas económicos e sociais, inclusive a falla de traballo, coa creación de cooperativas, xa sexa agrarias, pecuarias, azucreiras, cafeteiras, algodoeiras. Tamén de outros cultivos para axustar estratexias de exportación, comercialización, industrialización e financeiras, sendo capaces hoxe en día, de desafiar grandes corporacións internacionais, tanto europeas, como norteamericanas e xaponesas. No espazo xeográfico latinoamericano, teñen posibilidades de recursos naturais e humanos para integrar o cooperativismo a nivel co-nacional, con mais espírito solidario e equidade que calquera outro tipo de empresa. ¿Por que? Simplemente, porque o cooperativismo non persegue fins lucrativos, a “ganancia” como finalidade da empresa está o servizo dos socios da cooperativa co seus medios produtivos.

O Movemento Cooperativos nestes países reúnen todo tipo de cooperativas e servizos.

Dende aquel 1.844 data do nacemento do cooperativismo, mais dun 15% da humanidade é cooperativista, fronte as outras concepcións políticas ou sociais. Porque o cooperativismo, certamente é un movemento “natural”, que xorde das raíces do home, se desenrola polos couces lentos, pero so adquire certo peso pode influír nas estruturas do poder.

Tal e o caso da América Latina. O cooperativismo non e unha idea que, en principio, deba arrastrar as masas. So trata de dar resposta as necesidades concretas que se lle plántea o home, nun momento dado, e en calquera lugar determinado, fronte a situacións inadecuadas, como a situación económica, social e sen traballo de hoxe, nunha Galicia que fai necesaria o traballo.

Doutrinas políticas as houbo e haberá, como se ve, en defensa das multinacionais que o acaparan todo. E tamén porque certos gobernos apoian o cooperativismo pola súa bondade, espírito de solidarizade e prosperidade.

Anuncios

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.