A nova revolución: as hortas urbanas

Hortas Urbanas galicia
Xa che dixen, amigo Sancho, que aquí estou contigo que, a horta urbana, representa o escape para moitos parados e, quizais, unha “escola” para os nenos.

Refírome, Sancho as hortas urbanas, como a montada nunha Travesía de Vigo, que é unha reacción práctica desta sociedade en crise, onde se cultiva a “unión cidadá”. Unha revolución, veciñal e silenciosa. E, amigo Sancho, o noso orixe da terra compartida coa vida.

Esta é, a praxes dos moitos que participan nas hortas urbanas que emerxen noutras cidades, como resposta activa, a un “mundo” en crise. E non é, amigo Sancho, só en Vigo, pois as hortas europeas estanse convertendo, o parecer, na fonte de “abastecemento” dunha sociedade que xa non cre no futuro. Isto é algo mais; isto quere ser a rexeneración baseada na relación humana e xerada polas “redes de apoio”.

Sancho: Isto representa un escape para os parados e unha “escola” para os nenos. Non aspiran a soberanía alimentaria, non, só aspiran a querer ser conscientes do proceso vital: Decidir o espazo no que vivir ante a desidia ou imposibilidade económica do Estado, Comunidade Autónoma e Concello de conservarlles o “benestar social” logrado con moito esforzo.

Mira Sancho: Os gregos quedaron desorientados pola caída “cidade Estado”, e por tódolos cambios políticos que van dende as “hortas comunitarias” ata as “hortas nos balcóns”, incluso, as hortas  universitarias.  Na Arxentina, o colectivo “Articultores”, buscaron usos sociais, en Nova York, Reino Unido crearon hortas espontáneas en rueiros insospeitados. En España, a tendencia é comunitaria, e son os avós, os que queren levar os netos para aprenderen algo, aínda que sexa só o símbolo da “Terra”.

Así que Sancho: Mires por onde mires, este espazo e san, sostible, une, ensina e incluso os nenos aprenden a respirar.

Para crear unha horta non e necesario un grande gasto. Un cubo, unha caixa, terra rica en substrato e sementes, xerminadas en auga, entre algodóns, regando e esperando os efectos do sol.

En fin, Sancho, amigo: Tódalas hortas urbanas esconden un segredo: “Fertilizar por centos de espíritos, unidos a unha posible escola, por un pretexto”.

Anuncios

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.