¡Abur! ¡Agur! do Barallete

afiladores baralleteEfectivamente a primeira galega e a segunda vasca, expresións que denotan saúdos de despedida, bos desexos e non un “adeus triste”. Por iso os galegos non a usan.

Na novela de E. Hemingway (1.929), este, daquelas un mozo norteamericano, alístase como voluntario, na primeira guerra mundial, no exército italiano pola afección a aventura, pero inicia un idilio con unha enfermeira e acada por renunciar a guerra, e por crer no “amor” di: “adeus as armas”.

E nos dicimos: ¡Abur!, e os vascos ¡Agur! para despedirse. Un ata logo: ¡Agur!, e un ¡Abur! ata mañá, para nós. Tanto unha coma outra expresión, a do Pais Vasco, usada frecuentemente, e a galega, transformada en ¡Chao, chao! que non sabemos que quere dicir. O menos no noso idioma oficial, ¡Adeus! soa con moita mais forza, e nos indica “ata logo”.

Os garipos (en barallete, emigrantes polo mundo), foron perdendo moitas expresións nativas, e entre outras o “abur” importado por eles.

Eu, que vivín uns poucos anos na terra mais belida, que non foi capaz de reter os seus fillos que sempre levaron a “morriña”. Apoiados na mais antiga industria da roda de amolar, para eles “maquinar”, eternamente marcada polo adaxio galego “Os de Pereiro beben e vanse”. Marcháronse, iso si, coa súa inquietude e afán de traballo (ladete) e a vida errante, a miseria que os levou polo mundo adiante con bágoas (cretar polos mireos), deixando os descendentes daquel maltratado afiador e paragueiro, moito de canto hoxe fermosa a esa terra.

Durante os anos que alí vivín, recollín “O Barallete” da xerga dos afiadores usados para entenderse entre eles, e que lle debemos a eles, pois deu lugar a verbas, entre elas o “Abur” derivado do “Agur” vasco que gustosamente fago referencia aquí, pois “O Barallete” forma parte do vocabulario relacionado cos seus traballos e a súa fala. Outro día canearei (marcarei), a follateira (arranxo do paraugas), e as lapetas (ladróns de carteiras), que tamén xa había naqueles tempos. ¡Abur! e ¡Agur! para todos.

Anuncios

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.