Manuel Estévez Cambra

Meu pai fora nado en Fornelos da Ribeira, no eido dos Cambra, no rueiro do Casco, fillo de Rosa, irma de Rogelio Estévez Cambra (miña avoa), e de Xacinto Estévez, tamén do mesmo rueiro, sarxento maior do rexemento do Rei, en Madrid.

A miña aboa faleceu tres meses despois de nacer meu pai, e seu pai, na Capital onde cumpría as súas obrigas de militar. Como consecuencia desta situación, fíxose cargo a prima Rosa Ángela Cambra e Alegre de Losada, tutelar de el, e o tío Rogelio, portador dos cartos para o internado no Colexio de San Matías dos Salesianos, de Vigo, onde ingresou e pasou a súa parte de estudante, para ser o día de maña, un home de proveito. ¡Home! De proveito non sei; o que si sei e que misas diarias non lle faltaron, rosarios e bendicións tampouco, para salvar a alma.

Incluso, de acólito ia os domingos a axudar a misa que lle daban a Rosa Ángela Cambra, no seu oratorio da rúa de Velázquez Moreno de Vigo, coa bendición papal de León XIII, que chegaba ata mín. Como había “cartos” dabondo, os salesianos tratábanmo “a corpo de rei”. O peor fora cando na súa visita a Vigo e a súa terra natal, Rogelio, comprobou que o rapaz non tiña idea de nada; agora ben de catolicismo estaba moi ben para salvala súa alma. E a si pasou, entre “Pais Nosos e Ave Marías” ata ingresar no partido político conservador, por aquilo de “Deus, Patria e Rei” que estaba moi ben visto, e que a tradición familiar conservaba, como ouro en pano, non fora perderse.

Isto que é, como eu digo, faime lembrar o Magnífico Reitor da Universidade de Zaragoza, nuns Cursos de Verán, no Náutico de Vigo, no que dicíanos que España se dedicaba a perder o tempo pensando si a Virxe María chegara en carne mortal a Zaragoza, mentres que Europa, se dedicaba a crear industria e a investigar para crear riqueza. E así nos luciu o pelo, e a meu pai tamén.

Casou, tivo tres fillos, foi a salvar a España co Alzamento Nacional de Franco e alí quedou.

Eu que lle estou moi agradecido por darme a “vida”. Non deixo de recoñecer o que non se debe facer, é a responsabilidade de quen se fai cargo dun neno sen ter a mínima experiencia da responsabilidade que se vota enriba, onde todo era pecado, incluso o matrimonio. Polo que tanto, a prima Rosa Ángela, como o seu esposo Gonzalo, habían feito votos de castidade, para non pecar.
¡Vaia por Deus! Isto aínda que o conte, ninguén o cre, pero eu o digo, porque o vivín persoalmente. Así se escribe a historia e coido que agora queren volver a mesma de antes.

¡Que non se cometan mais disparates como este! Hai que educar e ensinar para a vida, non para a relixión, que deber ser libre e voluntaria, sen presión algunha. Eu que son respectuoso con ela, quero tamén que ela sexa respectuosa comigo. Amén.

Anuncios

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.