Ante un mundo que agoniza no 2.012

atardecerMirade por onde, amigos meus, grazas a este invento do “internet” localicei a unha periodista, poeta e directora do xornal “El Popular” do Paraguay. Chamase Amanda Pedrozo, e forma parte do “Movemento Internacional de Escritoras”, autora do libro Mal de amores que como di o estudoso da literatura paraguaia, José Vicente Peiró Barco, “ante un mundo que agoniza, esta poetisa proponnos, como alternativa paz de amor e erotismo”.

Di, precisamente esta poetisa, haberse nutrido de motivos feitos da mellor tradición, e bebelo, na fonte das ideas, desexos e experiencias persoais. E nun conxunto da expresión feminina, e non dunha femia pasiva, aínda que sexa moderna e reivindicativa. E para min, unha afirmación persoal de feminidade activa na política, na vida social e económica, moi persoal da que andamos moi escasos na nosa terra, desgraciadamente.

Por fin, vamos desfacendo o mito da posesión e patrimonio do macho, e pregunto eu ¿por que non pode ser a muller quen posuíse e desenvolvese a iniciación …? O mellor non asistiriamos a agonía deste mundo, digo eu, o menos tan triste e lamentable.

No Mal de amores, Peiró, sinala que este é a expresión do desexo amoroso da súa vertente erótica, en tanto que, Anticipacións e o logro do desexo. E Finales adéntase no existencial: a morte, a vida, a infancia e a eternidade …

En ocasións, digo eu, engloba unha expresión irónica que cotexada co resto do poema o carga de sinceridade, humildade sentimental ata ridiculizar algunhas situacións.

Amigos: O ano 2.012 acabase e o mundo agoniza. Ante este feito, ¿non será mellor deixar que se fagan cargo del, as mulleres? A bo seguro, que o farían mellor que nos. Estou seguro que si.

Anuncios

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.