Fillos de “algo” e fillos da “nada”

benestar social
Isto é o que ben sucedendo na Nosa Terra desde fai moitos anos ata a chegada do benestar social, que nos están quitando, para volver os “fidalgos” de antes e o Fillos da “nada”.

Na nosa terra do Condado de Salvaterra do Miño, como noutras partes, había fillos de “algo” e moitos mais fillos de “nada”. E paréceme a min, que tal como van as cousas, volvemos a aqueles tempos nos que so se sentaban a mesa, “a Igrexa e os Fidalgos”, porque o resto só se lles deixaba as “migallas”, que xa lle chegaban dabondo. Esta é a realidade vivida eu, nos anos daquel mal chamado “Alzamento Nacional”, que non aportou mais que miseria e moita fame. Haberá quen pense distinto, penso eu, pero eu conto o que me pasou, non tanto a min, como a outras persoas, moitas delas, viven, que dan testemuña do que digo.

Paréceme que vamos recuando para aqueles tempos, deixando atrás o mal chamado “benestar social” para volver o tempo das migallas, que eu lembro do meu Fornelos natal: Fame e aldraxe.

Os fillos de “algo”, eran aqueles, como di o dicionario, que proceden ou saen de outra cousa pola “procreación” e de “algo”, porque todos nacían co pan debaixo do brazo e “algo” mais. Era o nome dado pola Coroa de Castela, e o eslavón nobre baixo da xerarquía aristocrática castelán, que lles eximía dos tributos que pagaban os “pecheros ou plebeos”, porque a carencia de fortuna impedíalles compararse os “cabaleiros” e a “nobreza” sen título.

Foi a comezos do século XIX cando empezou a desaparecer para ben de todos. E tamén foi, a partir de aquí, cando o fillos de “nada”, empezaron a ser fillos de “algo” aínda que moi pouco a pouco. Ata aquí, nada de nada: “o non ser” que outros aproveitaron para “ser mais” ¡Mira que xa choveu, dende entón! para conseguir o que agora vemos perder día a día, sen que haxa quen deteña esta gravísima situación, mediante a loita contra os poderes que queren volver os tempos do mantel para cregos e fidalgos, e as migallas para os demais.

Daquela, eran os fillos de “nada”, que non eran poucos, os que recollían as migallas; hoxe son as O.N.G. e voluntarios, os enlaces da recollida. Como comentou un reitor: “Dos años de retroceso son vinte de recuperación”. Isto para a universidade, e para educación pública, é un gasto que non se pode tolerar, a dicir dos que mandan. E eu digo, sen coñecemento, amigos, perderemos todo o conseguido ata agora. ¡A realidade é a que é!

Xa dicía, Saskia Sassen, unha socióloga e pensadora afincada nos EE.UU. que “os gobernos podían haber feito mellor os deberes”, pero a globalización acentuou a diferenciación interna e a cambiou todo. Agora, ademais de deter a desaforada destrución do conseguido, haberá que ver como será o futuro. Eu que xa son vello, vou pensando en que haberá que ir xerando un novo marco, no lugar do que causou o desastre actual. O menos eu non perdo a esperanza.

Anuncios

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.