Os reis magos no fornelos de 1.940

reyes magos fornelos
Si amigos, pasaron mais de 70 anos xa, e lémbrome daquela noite do 5 de Xaneiro do 1.940 no eido de Cambra, en Fornelos da Ribeira o calor da miña madriña, é como era costume, os feligreses de toda a vida, reuníanse, na “tenda de Rón”, no Casco, ou nas dúas das Fraguiñas, para conversar da vida cotiá, do tempo, dos veciños, e por qué non, do final da guerra, tomando un “changueiro tinto”, que mollaba a palleta, para seguir falando.

Lémbrome, ¡como non!, da “tenda de Rón”, enclavada no rueiro do Casco e as outras dúas, nas Fraguiñas. A de Rón, como estaba no mesmo rueiro, do eido de Cambra, Rón, sempre tiña para min, unha onza de chocolate ou galletas que darme, que para un neno lembrará, como eu, toda a vida.

Os reis en Fornelos daquela época, saían pola tarde, o anoitecer, vestidiños de branco, pantalóns, casaca, mantilla enriba, coa coroa de cores cumprimentada cos espellos percorrendo toda a parroquia dando a “Boa Nova” do nacemento do neno Xesús.

Lémbrome da entrada do eido de Cambra, no Casco, con 8 anos, ollos abertos ante tanto colorido, baile e música de gaita e pandeiro, das copiñas de viño de Porto, melindres, roscón, e pouco mais, que a miña madriña Alfonsa, lles ofrecía con tanto agarimo, ademais da “propiniña” que ben lles viña, naqueles tempos de tanta fame e calamidade. Do noso eido o da tia Pepita, irmá de Rogelio Estévez Cambra, no rueiro da Laxe, e así ata rematar en Enxembre, Pedrapiñeira, Ran ou Martin.

Pola mañanciña, as campás tocaban a misa e a miña madriña preparábase para asistir dándome un bico, mentres eu, con moito coidado abría a fiestra para recoller os “regalos de reis” que eran: “un tren de folla de lata e un paquete de galletas”, que para entón, xa era moita cousa. ¡Non había moito mais!

De aquel entón a hoxe, pasaron 80 reis, pero sempre lembrarei aquel de 1.940 con sentimento e coa alegría e a esperanza de que calquera tempo pasado non foi nunca mellor co presente, moi a pesar da situación de grave crise pola que andamos. ¡E verdade!

Esta é a miña pequena historia dun día de reis na aldea de Fornelos da Ribeira de 1.940 cuxa lembranza irá comigo ata o “fin do tempo meu”, neste fermoso planeta chamado Terra.

2 comentarios sobre “Os reis magos no fornelos de 1.940

  1. Deixo aqui o meu comentario, nom pra referirme a este post, senon polo blogue en xeral. Acabo de levar unha gran sorpresa ao ler cousas postas nel. Estaba, nun momento de aburrimento, indagando na rede sobre a minha aldea, Fornelos da Ribeira, cando me atopo com este blogue. E tiven unha grata sorpresa ao me decatar que o autor é un “filho” desta adea, pero máis grata foi cando ao ler a información sobre a súa persoa.

    Eu, que son un mozo de ideas particulares, tinha a maioría da poboación desta aldea por xente sen demasiada conciencia política, ou máis ben con ideas conservadoras impostas pola longa represión (que todavía continúa). Pois, como dicía, leveime unha sorpresa, e isto foi por descubrir as andanzas que vostede tivo, as súas ideas non conservadoras, as súas colaboracións en xornais, etc.

    Máis nada, só iso, comunicarlhe a minha grata sorpresa, ao descubrir este blogue e a súa persoa. Son un mozo de dazaoito anos con fortes inqedanzas sociais e políticas, aínda que non me gostan demasiado as etiquetas, considerome nacionalista galego, a prol da esquerda independentista, socialista e feminista. Xa dixen que tenho unhas ideas ben particulares… algúns chámanlhe radicais… non sei… Se algún día, por casualidade, dera con vostede habíame gustar escoitar a súa historia e quizais intercambiar opinións e que eu aprendese de vostede e viceversa. Un cordial saúdo!

    Me gusta

    1. Meu amigo Iván: Primeiramente felicitarche polos teus 18 anos,flor da vida. Tamén polas túas inquedanzas sociais e políticas, que xa tivemos en eses anos, para nos moi difíciles no franquismo e cunha familia extremadamente relixiosa, por tradición e caciquil da época; agora ben, cada quen debe saber escoller o vieiro que mais lle convén como fixen eu.

      O correr do tempo, a idea do galeguismo, para min xa pasou despois de ver como cofundador do partido galeguista, os caciques se asomaron para “recoller a semente” dos demais. Aí finou as miñas ilusións. E como iso, outras cousas mais, tanto no socialismo, onde sempre aparecen socios-listos, e femenino, si, porque a igualdade de home-muller debe ser de igualdade, para que o mundo funcione ben. Neste mundo e neste tempo “deformado” só funciona san Diñeiro e os templos bancarios en cada esquina. Mentres isto non se desmonte, mal andaremos polo mundo global. E si pensas como está o mundo e os que parecen que pensan como ti, o mellor e o Principio Cooperativo do “Xusto Medio”, para uns e outros. Así pode funcionar mellor o mundo, pero “verás como a xente non lle interesa participar”. Non fai moito un obreiro da construción me preguntaba que lle informara de que banco era o mellor para ingresar uns cartos que había ganado. E díxenlle nunha caixa cooperativa obreira e sóubome contestar: entre o Bilbao e Santander. Con isto xa che digo todo. Os teus anos, todos somos idealistas, pero este pícaro mundo che demostra o contrario. Unha preta e ata cando queiras, Manuel.

      Me gusta

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .