Comezar o 2.013 no Condado de Salvaterra

Di, Mario Santellan:
Non xulgues, que non tes dereito,
Non envexes, que todo e compartido
Non discutas, que lograrás perder o amigo,
Non teñas avaricia, que o diñeiro non se irá contigo.

Debes gozala da vida en cada momento, dando grazas polos valores recibidos, que moitas veces desperdiciamos.

¡É incrible o que esta pasando! Non só no Condado de Salvaterra – Paradanta, senón en tódalas partes do mundo. O inverno para nós, está sendo moi benigno, os galos xa non cantan a media noite. ¡É incrible o que está pasando! Os obreiros, traballadores e ata os probes votan os ricos e ninguén se lembra da nosa pasada historia, dos nosos compatriotas. Por citar algúns, os irmáns Ricardo e Constante Sestelo; os irmáns Manoel e Xosé Manoel González, e con un pouco mais sorte Rogelio Estévez Cambra (meu tio avó), na Arxentina; e un pouco mais recente a Xosé Merino Rodríguez, por poñer algúns da nosa pasada historia de Fornelos da Ribeira.

Non me canso en pensar na nosa historia. Todo un legado metido nun “saco de patacas” que non lembran, non discuten, non falan. ¡É incrible o que está pasando! nos nosos eidos do condado. O pai Miño, perde horas no tempo, o sol quenta mais mal que ben, e todo transcorre sen fervor, ollando o ceo como se fora o teito. ¡É incrible o que está pasando! Explotan mundos por ai fora, e nos bosteamos; os traballadores votan os ricos e os ricos póñense o “chapeau” para seren mais ricos “con solemnidade”; os demais pobres póñense a “boina” para que non lles mire a calva.

¡É incrible o que está pasando! Xa non se sabe quen é quen, nin cando é cando. A lúa segue interrompendo a noite do día, porque ai liberdade para ela.

Hoxe digo o que digo, porque son tímido, porque fai frío, porque o xornal ben negro. ¡É incrible o que está pasando!

Cando chegue o momento de crelo, posiblemente se me haxa perdido a alma nas malvas. ¡Así anda a cousa!

Anuncios

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.