Falecemento do amigo José Posada na cidade de Ourense

josé posadaCoa tristeza da perda do amigo Xosé Posada acabo de perder un bo amigo, da estadía en Ourense onde compartimos o famoso “Marron Glacé” ademais dalgunha que outra conca de viño, entre verbas de Vigo, de onde era nado, e de Ourense onde vivíamos, cos seus traballos, coas súas alegrías políticas e coas súas ilusións naquel polígono industrial de San Cibrán das Viñas, onde nos reencontrabamos a diario.

José Posada, foi un home de ben, entusiasmado politicamente con Coalición Galega, da que foi seu presidente en Ourense; e eurodeputado dúas veces sendo o primeiro político en usalo “galego” en Bruxelas. Era o seu compromiso.

Sabia de viños e aínda conservo o libro que no seu día me regalou. Do “Marron Glacé” so podo dicir o ben que sabía daquelas castañas collidas por Galicia adiante e preparadas, como el sabía.

Amigo Pepe, como te chamaba. Dende o noso querido Vigo, envíoche unha aperta para que saibas que o amigo “daqueles tempos” non se esquecerá de ti. ¡Espérame! Que posiblemente non tardarei moito tempo en encontrarme contigo; mentres aquí quedo coa cunca de tinto, porque a pesar do tempo pasado, non cambiei pro branco. ¡Ata sempre! Amigo Pepe Posada Aquí quedaches con nós.

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .