Rosquillas e melindres de Ponteareas

rosquillas ponteareasO Condado de Salvaterra – Paradanta sempre foi unha terra de pasteleiros e reposteiros e o seu dominador común foi Ponteareas coas súas rosquillas e melindres de varias xeracións.

E unha pena que non exista un Catálogo, non só de rosquillas e melindres, senón da pastelería que se fai; mil exquisiteces etéreas para as señoritas daquel entón, refírome as seculares épocas do seu nacemento, porque teño entendido que xa no ano de 1.850 a dona Rosa Rivas, cando ía de Fornelos a mercalo necesario, para atendela súa casa do eido do Casco, as mercaba. Eran tempos en que o seu esposo, médico, atendía os feligreses da parroquia e rueiros do concello.

Os melindres e as rosquillas de Ponteareas xa dicían naqueles tempos “estou aquí” e era certo, e convertíanse polas festas na alegría das xentes que as trataba con moito respecto. Ademais os reposteiros as vestían de azucre, ese “striptease”, necesario que levaban a lombo dunha metamorfose que tiña que ver coa cerimonia iniciática dos reis, que o confeiteiro ponteareán, deixaba na súa labor artesanal e as puña o ar misterioso da comunicación. Porque nos melindres e rosquillas de Ponteareas non foron nunca mudas.

Estes probes creadores dedicaron toda súa vida, de xeración en xeración, a recoller mensaxes destes e outros manxares, invitados polas festas, públicas e privadas que tamén as había, porque a repostería da nosa terra aínda que sinxela nutríase de case de todo.

O Condado de Salvaterra – Paradanta, co seus paisaxes e melancólicos rueiros, cos seus bosques que aportan a castaña, a noz ou a abelá, poden facer canto da repostería queiran.

Os nosos reposteiros forxados no interior dos nosos rueiros afirman que non poderían vivir lonxe das súas aldeas, da súa vila e pasala tarde ollando o ceo. Hoxe mais dun, fai fariña de garavanzos quitándolles a pel, para reducilos a pasta e confeitar pasteis. E ¿que tal a torta?

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.