Abur Galicia, ¡Ata nunca!

alfonso graña amazonasRefírome a Alfonso Graña quen entrou na Historia Americana co nome de Alfonso I, Rei do Amazonas buscando fortuna e logrou entrar na Historia, con maiúscula. Nado en Amiudal, un rueiro do concello de Avión, célebre por ser a “patria chica”, a patria natal, de grandes emigrantes no México e tamén nalgunhas partes da América Latina.

O noso home, hoxe coñecido por Alfonso I, rei do Amazonas, recalou en “Belén”; mais tarde, trasladouse a Iquito, onde foi localizado en 1.910. Aquí residiu uns dez anos; facendo de todo, pero un bo día, déuselle por internarse río arriba, ata chegar a “selva” onde os indios jíbaros da tribo dos “Huambisas” mandaban, e déronlle acollida, casando coa filla do xefe indio; terminando en mandar o home branco; o Graña convertido no rei do Amazonas, e coñecido por todos nós, como “Alfonso I”. Nin que dicir ten que a súa fama foi crecendo e a súa autoridade tamén. As peripecias de Graña coa petroleira Standard Oíl, por un lado, o choque en plena selva dun avión de combate por outro, o salvamento do mecánico e o embalsamamento do piloto coa axuda dos indios, ademais da recollida do resto do avión, do morto, e o coidado do mecánico do avión, coa axuda dos indios, parecía unha misión imposible, pero non foi así.

O grande Alfonso Graña, cruzou “O Pongo de Manseriche” nada menos ata chegar a Iquitos, sendo recibido por unha impresionante multitude de xente, entregando o morto a familia, recibindo por elo, o recoñecemento “oficial” e nomeamento de Alfonso I, Rei do Amazonas.

Este pequeno gran home, do rueiro de “Amiudal”, do concello de Avión, non puido gozar moito da gloria pois en 1.934 se soubo do seu falecemento en plena selva, sen localizarse ata agora, onde está o seu cadáver.

E aquí deixo constancia deste pequeno home, que nos honra a tódolos galegos, especialmente a Ourense que se comprace de seren xentes traballadoras e benqueridas onde as haxa.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.