Santa Cristina de Valeixe

iglesia santa cristina de valeixeA feligresia de Santa Cristina de Valeixe, remontase a tempos antigos cando fora capital do Paradanta; hoxe forma parte dunha das feligresias de A Cañiza, pola situación xeográfica que a desprazou.

Pola cantidade de lugares ou rueiros, indícanos como se asentaron nestas terras a nobreza. Da que aínda se conservan os pazos de Cuco-Ruxo, o pazo de Valeixe, mais coñecido por “El Palacio”, e o pazo de “A Bouza”, en onde moraron “Sarmientos Gil e Sotomayor”, e outros personaxes que mais adiante lembraremos, e que formaron o asentamento de pazos e casas solares de alcunia.

Os rueiros nos indican, os lugares onde se asentaron moitos dos nosos antepasados como; O Abelán, As Adegas, A Aldea, A Almiña, A Balsada, Barreiros, Borraxeiros, Borza, Os Boucigos, Bouza, A Broca, Cabo da Vila, O Candán, O Cabalo da Pedra, A Carqueixa, Carracedo, Carralcova, A Carrasqueira, A Casanova, O Castiñeiro Longo, O Castro de Abaixo, O Castro de Arriba, A Cavada, As Cavadas, Cerdeiredo, A Chan do Val, Chans, A Cheiriña, As Corgos en Caneiro, As Corgos, A Costa das Tallós, A Costa de Valeixe, A Costa, O Coto de Valentin, O Cruceiro, A Cruz, O Cucuruxo, A Espedrigada, O Estremadoiro, A Fonte das Tallós, O Foxo, A Furnia, O Gurgullón, A Laranxeira, As Laxas de Barreiro, As Laxas, Os Loureiros, A Miñoteira, Mourelos, Os Muiños, As Outeiros, O Outeiro, Os Paces, Paradela, O Pazo das Tallós, Opazo de Valeixe, A Pedreira de Barreiros, A Pedreira de Guimerráns, A Perdigota, O Piñeiro, Pintelos, Portaleiros, A Portela, As Raposeiras, A Ranxela, Redoi, A Rega, O Regueiro, A Rozada, A Rua de Pintelos, A Rua, A Senra, Sibei, O Sobreiro, Soutelo, Soutiño, Suermida, A Tafona, Tain, As Tallós, O Temperán, As Tesoureiras, A Torre, As Touzas, Valeixe, A Veiga de Chan, Ventin e A Viñavella.

A arquitectura neste rueiros eran pazos e casas solares, asentados seguindo a alcunia de cada un deles.

A Igrexa de Santa Cristina, pola obra e graza de Pedro Gil Abad, data do ano 1.573, formando un conxunto barroco con un engadido na Capela Maior, e na fachada principal co escudo de armas de Juan Gil Troncoso de Lira e Sotomayor, entón señor da Picoña e Barreiros.

Por esta terras pasearon, Antonio Sarmiento de Sotomayor do pazo da Borza, falecendo en Santiago de Parada de Achas. Tamén vivira no Palacio de Cervellón e como queda dito foi señor do pazo de Borza. Outro, Bernardo Sarmiento Troncoso, fora xuíz de Arbo, sendo parroquiano de Santa Cristina onde foi enterrado.

José María Vázquez Troncoso de Santa Cristina (Albeos), onde fora nado. Foi reitor, segundo a Historia de la Universidade de Santiago de Compostela, aló por 1.827, presentado polo rei Fernando VII.

María Sarmiento Sotomayor, viviu na A Balsada, casando con Filipe Simón de Puga, irma de Luis Vázquez de Puga, avogado da Real Audiencia do Reino de Galicia, e fillo de Simón Vázquez de Puga, xuíz ordinario de Parada, e da súa muller Ángela Pérez Sarmiento, de Albeos. Outro fora Tomás Antonio Sarmiento de Sotomayor y Aldao Pereira de Castro y Moscos de Ulloa Oya y Benavides, señor do pazo de Borza. Tamén o fora, Gabriel María Sarmiento de Sotomayor y Acuña e seus descendentes.

Delia Rodríguez Sarmiento de Córdoba que chegou a ser señora do pazo da Borza, vendeuno.

Con data do 14 de marzo de 1.712 queremos lembrar a Antonio Mariño Carpintero e Dominga Piñeiro Alonso que casaron en Santa Cristina. Destas datas, no pazo de “La Moreira” localizamos a “Amureira”, na que se conserva aínda unha labrada heráldica co escudo de armas de Vázquez de Puga en Cequeliños, entón do concello de Valeixe. E xa para completar un pouco, a historia, diremos que teño entendido, dun Expediente da Orde de Carlos III, datado o 29 – 01 – 1.825 a favor de Pedro Vázquez de Puga e Araujo Sarmiento Pérez y Puga, nado en Cequeliños quen presentara probas de nobreza de Maestrante de Ronda. Fora cabaleiro e librara provisión de fidalguía de sangue o seu favor pola Real Chancelería de Valladolid o 12 – 08 – 1.818.

O seu pai, Filipe Vázquez de Puga, nado en Albeos, do concello de Crecente, casara con Antonia Araujo e Puga nada en Cequeliños.

Frai José Puga de Santa Cristina de Valeixe no ano 1.830, fora predicador e faleceu en Ribadavia en 1.847.

Se algún desexa enterarse algo mais desta nosa terra, no Boletín de Estudos da Xenealoxía, Heráldica e Nobiliario de Galicia, pode recoller os morgados do pazo de Borza do Bispado de Tui.

Santa Cristina de Valeixe, con ter una Historia antepasada que aí está, ten neste momentos a mellor lotería do mundo: A C.E.I.P. Colexio Público, para nenas e nenos, que tanta falla facía, para que tódolos nenos e nenas, teñan opción a cultura, a mellor riqueza deste mundo. Ogallá a aproveiten.

Desde Valeixe, pode observarse o Val do Deza, as medas e os canastros.

Recollo do Foro de A Cañiza, que a historia de A Cañiza e descoñecida e a de Valeixe tamén. Pode ser. Porque so se fala do Santuario da Virxe da Franqueira e dos restos do antigo mosteiro de San Benito. Pois ben,todos, empezando por min, aproveitémola ocasión para honrar aquelas mulleres e homes que foron fusilados polo golpe militar do 36, toda elas, boas persoas,, idealistas, que non fixeron mal a ninguén, soamente cometeron o delito ou o sono de ser leais a legalidade vixente: A República.

9 thoughts on “Santa Cristina de Valeixe

    1. Si que tuve información de esta familia, pues aunque los MARIÑO proceden de la isla de Sálvora se extendieron por el Sur de Pontevedra con casas solares y mayorazgos, alcanzando la Grandeza de España. Fernando Pablo Mariño, fue caballero de Santiago y vizconde de ALBEOS casando con María Isabel Nieto de Silva en 1.713. Una Juana Mariño casó con Diego Álvarez de Sotomayor, llamado El Viejo, extendiéndose por Redondela, Bayona, Nigrán, Tuy, Ponteareas, Valeixe y otras. Incluso hubo un Pedro de Avalle Mariño, casado con Catalina González Alemparte que fue señor de Fiolledo.
      Te invito al Museo de Pontevedra o a ver la Historia Civil y Eclesiástica del obispado de Tuy, donde, seguro encontrarás lo que deseas. Sospecho el entronque también con los Barbeitos por el escudo de armas en la pared frontal de la Capilla de La Luz de Meder, incluso con los Torrados, en este caso, con la faja de los Mariño que nos da una idea del origen del apellido y que ha llegado hasta Santa Cristina de Valeixe. Un saludo, Manuel Alfonso Estevez.

      1. Buenos días: gracias por la información, le comento, llevo años con el árbol genealógico de mi familia, mantengo una pagina en internet y que me gustaría viese, solamente hay que poner FAMILIA MARIÑO ORTEGA, prácticamente he llegado hasta 1630,anterior a esa fecha no he conseguido nada, a pesar de haber visitado el archivo Diocesano de Tuy en dos ocasiones, la ultima a finales de octubre de este año,la procedencia es Santa Cristina de Valeixe.
        Intento localizar alguna referencia de Felipe Mariño y de su esposa Maria Moreira, datos obtenidos del libro de casamientos de Santa Cristina de Valeixe, boda de su hijo Juan Mariño Moreira con Maria Carpintero Lorenzo el 4.7.1678.
        Un saludo desde Malaga
        Victor Mariño

      2. De la documentación que tengo del padre Crespo sobre Linajes y nobiliarios, hace referencia a los Mariños, pero no a la rama de Valeixe.
        Posiblemente encuentres en Juan Flórez de Ocáriz cit. árbol IV, 121 A.H.N. Órdenes Militares. Santiago 1.646 (Benito Mariño). Historia de Galicia (Mariño I-2 y 3). En Heráldica de las Riberas del Miño o también en Hidalguías de la Real Chancillería de Valladolid. (Legº1173-22). Por último en el archivo de la Casa da Granxa de Cambados, posiblemente puedas encontrar algo de los que me pides. Un saludo, Manuel Alfonso Estévez.

  1. Seica en Valeixe hai dous castros, un carón de Castro de Arriba, e o outro?. Existe aínda unha trincheira rectilínea duns 40 metros de longo cerca da ermida do Reloeiro en Abelán?. Consérvanse na vella graduada da Miñoteira os retratos dos hirmáns Hucha,financiadores de aquela escola pública ?. Ben merecen o homenaxe dos habitantes actuais.
    Unha aperta.

    1. Amigo Nogueira : Do contido que fas dos Castros, debo dicirche que algo recollo no meu,
      -E logo ti, ¿de quen ves sendo?- sobre o Condado de Salvaterra do Miño. Tes razón sobre a Minoteira dos irmás Ucha, a escoliña que tanto ben fixo naquela época. É ben merece, como dis, un recoñecemento, pero son moi poucas as xentes que o recoñece, porque e de ben nacido, ser agradecido. Eu que aprendín nunha escola pública, humilde e escasa, síntome honrado haber aprendido a ler e escribir, antes de irme para Vigo, para facerme un home de ben. A xuventude debe espertar, recoñecer aquelo que nos deron e criticar aquelo que nos quitaron é traballar con entusiasmo polo noso ben estar social e económico. Así faremos grande o noso pobo que todos queremos honrar. Un saúdo, Manuel Alfonso.

      1. Dos hirmáns Ucha había na década dos setenta do s. XX sendos retratos no corredor de entrada da vella graduada da Miñoteira. Sabes se está alí aínda ou foron parar a quén sabe onde?. Creo que a antiga garduada (seis aulas nada menos)creo que é hoxe algo así como dispensario ou centro cultural, pero sería penoso que non conservara os retratos dos benefactores, mais que penoso indignante, sobre todo para os veciños de esa fermosa parroquia.
        Gracias-

  2. Estiven este último sábado en Valeixe e fun cuns amigos ata a antiga escola da Miñoteira. Estaba pechada pero unha muller díxome que creía que os dous retratos individuais dos hirmáns Hucha non estaban alí, nin sabía onde poideran ir parar. Espero que non os tiraran á basura, como se fixo coa documentación da escola cando o traslado para o Colexio. Se fora así sería unha vergonza mais para este país de desagradecidos que non sabe distinguir os benefactores dos esfoladores, pero que sempre termina facéndo homenaxes e estátuas ós segundos.

  3. Me gustaría saber sobre los apellidos Giráldez, Piña, Lago, Gómez.
    Conocí algunos miembros de esas familias que eran originarios de Valeixe y de Parada de Achas.
    En Valeixe poseeian la mayosr parte de las propiedades.
    Un saludo

Deixa unha resposta a Francisco Nogueira Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.