La gallega de Rosario na Arxentina

Sabino Álvarez la gallegaLa Gallega fue fundado por un emigrante do Grove, como empresario. Un exemplo do esforzo do home galego que pasou de albanel emigrante a grande empresario de Rosario.

Véñome de referirme a un grovense, Sabino Álvarez, que se merece nomealo aquí, pois despois de emigrar a Arxentina con 18 anos e unha paleta, é agora un importante empresario dunha Cadea de Supermercados en Rosario, chamada “La Gallega”. É importante traelo aquí, porque empezou, como sempre, de cero, e grazas a constancia galega, pasándoas canutas, como aquel que di, saíu adiante, buscándose a vida é probando fortuna, cando nesta España nosa, e Galicia sobre todo, se pasaba moi mal, para non perder a costume. É iso que chegou a Bos Aires no Xaneiro de 1.953 cando o país ía mellorando un pouco.

Nin que dicir ten que este grovense no Rosario é o terceiro e mais grande do país, e da traballo a mais de 1.000 persoas e pose unha “facenda”, na que cría uns 7.000 unidades de gando.

Chámanlle “O Rei do Súper”, e non é para menos. Ben merece este recoñecemento que gustosamente fago de Sabino Álvarez, e ben se merece o agradecemento da súa Terra Nai. O mellor con un pouco de sorte, o coñezo persoalmente nalgún dos viaxes que ano tras ano fai O Grove.

Pero aínda hai mais: Co obxecto de abastecer os supermercados de carnes de calidade, cría vacas nas 4.600 hectáreas que ten na provincia de Bos Aires; é conta tamén, con unha “Planta Panificadora Modelo” na que traballan 38 persoas na que se ofrece pasta fresca, repostería e panificables, de alta calidade.

Resalto aquí, como este home, no ano 60 puxo o primeiro supermercado, dos anos despois outro, é outro así ata os 14 actuais. “LA GALLEGA” acapara un 37 % do consumo de Rosario por riba do Carrefour que xa é dicir. ¿Non é merecedor desta glosa? A ten ben merecida.

A nosa ¡noraboa! A Sabino Álvarez dende Vigo, que cos seus 79 anos, igual que eu, segue o pe ata que nos xubile a morte. Unha preta.

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .