Non era mais que unha revista de Literatura e Arte, publicada en Braga (Portugal) capital da románica terra galega naqueles séculos pasados.
Na librería Cruz, do mecenas Fernando Cruz, dende o 1.951, baixo a dirección trinazonal: portuguesa: Amandio César, Egidio Guimaraes, Antonio Losa; brasileira: Cyro Pimentel, Ilka Sánchez, Donatello Giero; galega, Ramón Otero Pedrayo, Leandro Carré Alvarellos , Sebastián Martínez Risco, -catro ventos- conqueriu o seu obxectivo, limiar, sentando os escritores é artistas portugueses, brasileiros e galegos, vencellados pola mesma fala, na convivencia irmá da mesma cultura, é do mesmo senso universal da saúde.
Naqueles intres de pauliña, para nosa lingua os intelectuais bracarenses acubillaron na lingua paxinas de os catro ventos. Poesía de Manuel María, López Abente, Aquilino L. Alvariño, V. Taibo, Fabeiro Gómez é Sebastián Risco. Ensaios, de Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro e García Sabell. Diversas pezas dramáticas de Leandro Carré e dos “Os Romances galaico- portugués castelán”, F. J. Veloso, e as “afinidades galaico – portugués no Cancioneiro Popular” de J. da Mota.
É aínda mais: A Colección Catro Ventos publicada en Seitura foron poemas de F. Bouza Brey; é “Nós Picoutos de Antoim”. En novela, L. Carré Alvarellos, os que contribuíron o espallamento da Nosa Literatura Galega. É polo cal Vieiros saudou, no seu día, con agarimo, dende o recuncho mexicano a Señeira! é xentil redacción de Catro Ventos, cunha aperta atlántica de irmandade a esperanza do noso destino histórico.
Hoxe, volto en falta, aquela mestría, aquela grandeza, aquela solidarizade e enxebreza da poesía e a súa linguaxe. Os poemas de Cabanillas, por exemplo.
Polo tanto, hoxe, lembro os Castro Ventos, despois de tantos anos, lembro a Xoán Viqueira e o sempre benquerido amigo Celso Emilio Ferreiro en Eiqui Será. Digo eu ¿por sempre?