Román Rodríguez Martínez, de Fornelos Da Ribeira

Emigrantes - Román Rodríguez MartínezSocio fundador da “Sociedad Juventud Progresista de Fornelos y Anexo”.

É evidente que este irmán, nado en Fornelos da Ribeira, como outros mais, emigraron a Bos Aires (Arxentina) pola necesidade e supervivencia. É porque é innata tamén, a condición do noso home. Como el, moitos outros fuxiron da fame e miseria. É por mellorar a condición devida que na súa terra non tiña.

O fluxo dos fornelenses, neste caso Román Rodríguez Martínez, foi, como en todos eles, alentada pola lenda de “facer a América”, que xa soñaran outros antes que el. É a nosa sempre benquerida aldea de Fornelos, viu quedando co cu o ar, no decursos de séculos.

Román Rodríguez Martínez, aplicou a emigración, como outros mais. Que despois, devolveron o sentimento de identidade e da súa solidarizade afectiva é política, ¡porque non! Os ideais é sentimentos o levaron a por a bases en 1.920 da “Juventud Progresista de Hijos de Fornelos y Anexos”, para rexenerar a vida pública é a dos fornelenses mediante a ensinanza.

Hoxe somos os fillos, netos, bisnetos e tataranetos, daqueles emigrantes, como Román, e emigrantes, os que vimos observando o resultado do seu destino privilexiado. Teño que lembrar aquí a Xosé Manuel Núñez Seixas, polo servizo que nos presta, para a localización dos nosos irmáns na Arxentina.

O viaxeiro Sir Horace Rumbold xa afirmara en 1.887 do dinamismo dos nosos emigrantes. Os fornelenses que soñaron un futuro alá se foron. É crearon unha nova sociedade, unha nova forma política de gobernar con sentido e orientación social de máximo progreso é axudaron a levantar un Fornelos como unha aurora sen ocaso.

Aqueles fornelenses, aldeáns, servís e pailán que os arxentinos definían os nosos irmás, son hoxe, o orgullo e o elemento principal da nobre nación Arxentina en Bos Aires. Mal dicía “La Capital” de Bahía Blanca en 1.908 de que os galegos “non aportaban o pais valor de produción” cando sempre ofreceron a contrapartida eficiente do seu bo facer.

Lembremos a Manuel Puente, nado en Salvaterra (1.890 – 1.970) fundador da Cámara de Comerciantes Republicanos Españoles.

Román Rodríguez Martínez, foi un mais, daquel asentamento na provincia de Bos Aires no primeiro terzo do século XX, a partir daquela masa social da Unión Progresista, en 1.920. É a súa situación na Juventud Progresista, Hijos de Fornelos.

Val a pena sinalar que dende 1.830 en Bos Aires a polarización política produciu o fenómeno do federalismo, manifestado na progresiva bifurcación de solidarizade é asociacións que perfilaron a testemuña daquela Juventud Progresista de Fornelos.

Pregunto: ¿Participaría Román na chamada de La Concordia? É ¿cal era o compromiso social da sociedade? Non a sei, pero estou seguro que con el estarían os irmáns Manuel e José González, Ricardo Sestelo, o meu tío avó Rogelio Estévez Cambra que tanto cariño lle tiñan o noso eido.

Sempre me sorprendeu, non só a min, senón a propios e estraños, as inquedanzas e o compromiso dos nosos irmáns coa Terra Nai. Hoxe cos meus oitenta e dous anos enriba, me pregunto tamén, si haberemos aprendido as ensinanzas destes homes, exemplos da grande mensaxe para a nosa historia que debera ser exemplo para todos nos. Me temo que non.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.