Anxela Cuevas Cambra: Capela De Meder

Capilla de Meder Anxela Cuevas CambraImportante é lembrar aquelas persoas de sentimentos, que por outra parte, formaron unión coa miña familia de Setados (Meder) e Fornelos da Ribeira.

Esta familia, formada por Francisco Cuevas Cambra, notario en Setados, Antonio Cuevas Cambra, avogado, é Ánxela Cuevas Cambra, formaron parte da nai de Rogelio Estévez Cambra. Tiñan capela propia; foron xentes moi relixiosas, politicamente conservadoras, e en boa posesión económica, que administraban, naqueles tempos, as terras e leis. Por enriba eran “cofrades maiores” das capelas, entre elas a da Virxe da Luz, no rueiro da Luz en San Adrián de Meder.

Tanto estas agarimosas terras como a capela, visiteina de pequeniño e xa mociño moitas veces; a última, para visitalo meu mestre, don Xosé Álvarez (O das Rodas) que na gloria este. Grazas a el, aprendín a ler, escribir con moi poucos anos. A capela, está franqueada polos escudos de armas dos Barbeitos e Padrón, inquisidores de Corzáns, é finaliza coa torre de espadaña.

Na parte central da fachada encontrase unha placa de pedra na que se pode ler: “Esta capilla fue reedificada a expensas de la señorita doña Anxela Cuevas Cambra en prueba de cariño y eterna memoria a su querido pueblo. 15 de Julio de 1.914.”

Sen querelo puiden chegar a un “Protocolo de Francisco Cuevas Cambra, 1.891” que está en Ourense e cuxos datos dou por si alguén ten interese en lelo: A.H.P, Ourense (protocolo Francisco Cuevas Cambra, 1.891). Libros 1004 – 1007. Caja 4.200.

Algún día, presentarei material e importantes sucesos sociais e políticos de esta familia, naquela época, para, facerlles chegar os descendentes familiares de Bos Aires na Arxentina. De seren descendentes da familia, ademais de relixiosa, socialmente alta, con sentimentos de irmandade entre todos, dando fe, de cando meniño, como os veciños que viñan a traballar, a hora de xantar ou de cear, se facía todos xuntos a mesa sen distinción, participando todos en familia. É comendo e bebendo todos, dando exemplo claro das ensinanzas recibidas. En unha verba: “O que hoxe non se estila”.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.