Apunte Histórico: O Concello de Fornelos da Ribeira

Iglesia de San Juan de FornelosEste concello de Fornelos da Ribeira, naceu dun inventario, dun censo é varios elementos valorados. Existentes naquela época que integraban o sistema social, cultural, natural é económico é dos usos que del se facía.

Naceu a partires dos indicadores das 10 áreas, agrupadas, e do análise da actividade económica que caracterizaba o Concello de Fornelos da Ribeira, baseada na área xeográfica formada pola provincia de Tui. Derivou as xurisdicións de Salvaterra e As Achas co señorío do conde de Salvaterra, da do Sobroso co señorío do marqués de Sobroso, e dos Cotos de Penafurada é Porto co señorío do conde de Amarante e da Encomenda de Beade.

Foi nos inicios do século XIX, cando chegaron a funcionar os concellos de Fornelos da Ribeira é Salvaterra.

Posteriormente suprimiron a parroquia de Penafurada fusionándoa a Oleiros. Naqueles tempos As Fraguiñas tiñan 277 habitantes, mentres que o Rebado e o Sueido (Corzáns), nada mais que un veciño cada un.

Sabido é que no concello de Fornelos da ribeira do Tea, albergaban mais persoas que noutros territorios. Neste tempo, chamoume a atención, o cultivo do viño no que destacaba Fornelos, Leirado, Pesqueiras é Salvaterra. O longo do século, cando o rei Fernando II, decidiu fortalecer e dotar a Salvaterra de murallas para protexerse contra os portugueses, desapareceu do mapa o converterse en Condado e concederlle a Diego Sarmiento de Soutomaior o título de Conde.

Naquel entón, o patrimonio do concello de Fornelos da Ribeira destacaba, inclusive coa presenza de cruceiros de pedra, hoxe desaparecidos. As regueiras, as variadas lendas dábanse naquela época coas adiviñas que despois de tanto tempo foron desaparecendo.

Entón, había unha cultura agraria co cultivo do millo e a viña. Incluso de gando e cultivo do centeo. No río Tea, o seu paso polo concello, era de grande riqueza en peixe, o reo coa troita eran a especies mais presentes con algunha lamprea.

Daquel tempo, naceran as pistas e vieiros que unen os rueiros, vixentes ata agora, é a “emigración” a América foi un feito diferenciado coa perda de poboación e desaparición do concello, integrado no de Salvaterra, coas parroquias que o conformaban. Este é a grandes trazos o que foi o Concello da miña terra: Fornelos da Ribeira.

Os datos concordan co xeral da Casa de Ribadavia, nos que os Sarmientos e as xurisdicións de As Achas e Parada, entraban as parroquias de Santa Olalla de Deza, San Xulián de Petán, San Sebatián de As Achas e Santiago de Parada. Todo partiu do pleito de 1.739 de Diego Sarmiento co seu sobriño Xoán, que non era fillo lexítimo de “matrimonio”, e polo tanto, non lle correspondían os terreos sobre a ribeira do Miño. Entre o si e o non, o final chegaron a un acordo tocándolle polo que respecta a Fornelos a cuarta parte dos bens e casa dos Soutomaior (16 – III – 1.537) executado en 1.570, onde hoxe está enclavada a igrexa de San Xoán. Xosé María Fernández de Córdoba Sarmiento de Soutomaior, conde de Salvaterra e marqués de Sobroso, casado con Antonia María Fernández Villaroel, dona dos estados en 1.771 a 1.801 quedou sen os estados pois o seu marido foi un grande disipador perdendo saúde e bens é nacendo a partir de aquí o concello de Fornelos ¿1.801?, Corzáns e outros.

Anuncios

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.