Álvaro Gil de As Neves

Santa Marta de Ribarteme procesión As Neves

Un home de “Boa Memoria”, como abade da parroquia de Ribarteme, Álvaro Gil, como digo abade de Ribarteme, do Concello de As Neves, casou en primeiras con Juana Fernández de Araújo e tiveron fillos. De segundas con Gracia de Fária da que tamén tivo fillos.

Quede ben entendido de que o crego lle viu despois de viúvo que foi cando abrazou o sacerdocio. Este bo home, de “Boa Memoria” obtivo o título de Conde de Barro, con dereito de Sucesión, grazas a súa visita a Isabel de Portugal, cando realizaba o “Camiño de Santiago”, é as boas relacións co bispo de Tui, ademais dos intereses comúns co conde de Salvaterra. Da súa vida hai infinidade de detalles, como no Catastro de Ensenada onde aparece el, Manuel Barbeito de 68 anos, de Corzáns, casado con cinco fillos maiores, un crego e tres fillas sen cómputo numérico e sen ingresos e moitos outros quedando claro que “quen reparte, e no reparto ten arte, deixa sempre para si, a mellor parte”.

Un dos fillos, Basilio Gil de Araújo, débenselle varias fundacións, en Valeixe e o maiorazgo de Barreiro, sendo a súa irma Eusébia posuidora de Valeixe. Casada con Antonio de Castro e Ulloa, sucesor da Casa de Cortegosa; fillo de Álvaro Sánchez e de Cristina Álvarez, neta de Álvaro Gil de “Boa Memoria” e do licenciado Mauricio Gil, abade de Mourentán e Valeixe.

O tal Álvaro Gil de Araújo, fora nado o 28 de Xaneiro de 1,638, segundo os meus datos.

Benito Gil Araújo, foi o primeiro abade de San Ciprian, quen tivo con María Rodríguez de Mourentán varios fillos. Dos que non vamos a falar. Soamente en relación coas cuestións e pensamentos ideolóxicos, é o resultado de afondar no interese, no diálogo (para o meu amigo Fontán de Rubiós, quen aprecio e mándolle unha preta) así como os irmáns emigrantes na América, entre 1.850 é 1.920 que se viron expulsados das súas terras polo réxime señorial e caciquil, que impediu o desenrolo das aldeas e vilas.

Non é a miña intención nin criticar nin politizar, senón expoñer os feitos vinculados os factores do poder da época, é tamén de épocas anteriores. Nada mais. Outro día falaremos da “Casa dos Fontán” de Ribarteme, da cal descende o amigo Fontán de Rubiós do Concello de As Neves.

Foto: Un paseo, una foto

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.