Liñaxe e parentela en Fornelos da Ribeira

fornelos da ribeira igrexaObtida dos irmáns García Carraffa do seu célebre nobiliario. Xa anos antes de 1.297 Fernando IV fixéralle unha “mercede”, a Vasco Ozores de Salvaterra, a través dun privilexio doado en Zamora das feligresías de Corzáns, Fornelos, Soutolobre e Peñafurada, a medio camiño entre Ponteareas e Salvaterra.

O personaxe é Juan Ozores, Mestre da Orde de Santiago, é mordomo maior de Fernando IV, e da dona Elvira Ozores, muller de Fernando Álvarez Valdés. O facer memoria de Juan Ozores, entre os anos de 1.294 o 1.306, os Carraffa din que o pai se chamaba Casseiro Yáñez Ozores, fillo de Juan Yáñez Ozores e de dona Tereixa Muiños, é neto de Munino Ozores e dona Urraca, súa muller.

O seu irmán Gonzalo, casara con María Alfonso da que houbo unha filla chamada Inés Pérez, quen no ano 1.335 falaba da venda o seu tío do Casal da “Corredoira” que tiña en “Sam Oanes” de Fornelos que era do seu avó Osoyro Eáns.

Vasco Ozores, casou de segundas con Aldonza Rodríguez tendo por única filla a Elvira Vázquez Ozores.

É ilustrativo a situación de Fornelos da Ribeira, dentro do marco da súa influencia. O 15 de Xaneiro de 1.320, “cantos viren esta carta, vendo a vos Vasco Ozores, fillo de Osoyro Eáns Gago, o dereito do lugar de A CANDOSA da feligresía de Sam Oane de Fornelos, do meu pai Pedro Pérez. E vendo a herdade de María Pérez da Fonte, tamén en Fornelos”.

Dita María Pérez da Fonte era de Goyende e vendera a Vasco e súa muller en 1.325 a herdade chamada Vargelos de Fornelos. O 16 de marzo do ano 1.327 Vasco Ozores e a súa dona, foran a Pedro Lourenzo a herdade de Fornelos.

Estes breves comentarios non son mais que unha simple anécdota, da miña querida terra, a través da súa historia. Seguirei en canto poda.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.