A lingua, sangue do espírito. Unha colaboración na revista “Vieiros” do Padroado da Cultura Galega de México en 1.959.
Ramón Piñeiro, falaba naquel entón, que o idioma galego, formaba parte dunha grande familia, irmán do francés, do castelán, do italiano, do catalán e demais linguas románicas. Naqueles tempos difíciles, nos falaba da forza espiritual do pobo galego que soubo crear, de maneira semellante, o seu idioma e a súa personalidade. Aqueles nosos maiores tiveron alento e grandeza de espírito para poñerse a par cos demais pobos europeos.
A nosa lingua galega, o mesmo que as demais, ten en si, a mesma posibilidade de plasmación cultural, da mesma maneira que o francés serve para xermolar unha grande cultura de valor universal.
Xa daquela, os nosos devanceiros, tiñan vontade de conquerirlo. Velaí que a grande ambición colectiva que os levou a xuntar, por riba de ideas e de intereses. Ningunha outra cousa puido ennobrecelo tanto. Apesares de tempos difíciles, o noso pobo galego soubo crear é defender o seu idioma. Ningunha soberanía política da época, nin tampouco pola realización de grandes feitos históricos colectivos, utilizaron a riqueza económica que repercutira no mundo internacional.
O que verdadeiramente nos singularizou neses tempos, o que nos deu personalidade definida diante dos alleos foi o idioma, a sinal, o espírito xenuinamente nosa, reflectida na lingua.
Renunciar, digo eu, a elo, total ou parcialmente denotará a debilidade moral, a impotencia de espírito. Xeralmente os galegos somos un pobo con alma de seu, e cando falamos en galego, significa a nosa verba, a nosa forma de convivencia e a participación en común, de algo en común.
A nosa lingua é algo como a sangue do espírito que vivifica e imprime identidade familiar a tódolos que a falamos. Adeus grazas.