San Martiño de Moreira, feligresía do Concello de Ponteareas onde chegamos Lameiro e mais eu, para rememorala vida dos Domínguez Cambra: Emilio e Manuel, emigrados en Bos aires. Manuel, construtor de guitarras.Elvira do rueiro da Ponte cos seus fillos Xosé, Francisco e León que descoñezo. Emilio coa súa muller e filla Clotilde Josefa Cambra de Grandío tamén en Bos Aires.
Falaba con Lameiro que, – escoita pero non fala-, de cando mozo co o amigo de A Coruña, Manuel Aparicio González, sobriño do Secretario do concello de Salvaterra, iamos a buscar a Tito Viso Troncoso o “Pazo dos Troncoso” o pe da igrexa de San Martiño, que na Idade Media xa pertencían os Troncoso.
Hoxe restaurado polos descendentes da familia,Rosa Mari e demais familia saben ben dos oríxenes e a súa vinculación coa Torre de Lira e o pazo da Picoña.
O meu amigo “Lameiro” que disto non sabe nada, coa súa ración de comida, dáse por satisfeito, para documentarme eu, un pouco da “Moraria” nos seus primeiros anos, 991 da nosa era, polo rei Bermudo II, a Igrexa Compostelán. Nomes históricos como Alonso Gómez de Lira, Puzo, Nogueira. María Álvarez Troncoso de Soutomaior e o seu pai Rodrigo “O Vello”. Tamén Clemente Troncoso de Lira que fora abade de Moreira,falecido na casa de A Picoña. Mauricio Antonio Balenzuela, 1.723 – 1.765. Benito Troncoso, 1.808 tamén abade de Moreira.
A propiedade fora desvinculada da igrexa abadeal e pasou durante moitos anos a residencia da familia “Viso Troncoso”, sendo Augusto Viso Troncoso, polos anos 40 ou 50, a cabeza visible. Lémbrome por este últimos anos do 50, mais ou menos, cando co meu amigo Manolo Aparicio, fomos a buscar o Tito, fillo de Augusto, para pasala noite na Festa dos Remedios en Ponteareas.
Pasar, pasámola, pero cando volvemos de regreso o Tito encontrouse co seu pai na súa cama esperándoo. Cando regresamos o pazo, o pai Augusto nos espeta: “Tito foi por música e saíulle traxedia”. Habíalle dado unha malleira por saír sen permiso.
Deixei a “Lameiro” coa súa ración e dirixinme o pazo na busca de Rosa Mari, quen, coa súa familia, rescatou do seu deterioro o inmoble respectando a totalidade da edificación,dándolle unha nova vida e utilidade a un “pazo” de mais de cinco séculos de existencia. Atado o Cruceiro da igrexa había quedado Lameiro. Lembrándome de cando ia en bicicleta a visitala familia, incluíndo a Xosé Carlos Solá, que segundo me informaron descansa nun rueiro da parroquia que descoñezo.
Vamos levantalo vo para Fornelos polos vieiros de Rañe de Abaixo, onde Emilio vivira coa súa tia e chegamos o outro Rañe de Enriba, xa en Fornelos, onde lle mandamos unha preta a Michael Skinner, da familia Álvarez de Queimadelos ata chegar As Fraguiñas camiño da “Laxe” no rueiro do Casco para saudar o meu amigo Lecio (o xastre), onde puxemos o punto final de esta nova aventura.