Lémbrome de meniño, cando viñera para Vigo, de que Mariña, fora nada na beiramar do Berbés. Por iso lle puxeran de nome Mariña. O pai fora pescador é morrera, desgraciadamente, afogado cando ela tiña uns mesiños.
Mariña, o longo dos anos imaxinaba o seu pai de mil maneiras: Forte, tímido, outras veces, miúdo, sen forzas para vencer as tempestades do mar que os zarandeaba.
Pasado un tempo, a nai da Mariña a trouxera para a aldea de Fornelos da Ribeira, para aquí viñeron é aquí viviron o achego dos parentes. Pouco a pouco, foron facéndose a terra, aínda que Mariña era como si fora nada en ela. ¡Claro! Era moi pequerrecha. E pequerrecha cando lle morrera a nai, quedando orfa con catro anos.
Dende entón Mariña se foi criando sen agarimo, sen nenez é sen mocidade. Vira de lonxe algunhas foliadas mentres andaba co gando a pacer. Aínda non vella, lembrase dos anoiteceres da Ría de Vigo, pero xa non ría nin choraba. Era como de pedra. Unha mestura de coraxe é humildade.
Só a idea de Vigo espertaba en ela, ansiedade. Un xeito de anguria dolosa é leda, o mesmo tempo.
¿Cómo será hoxe Vigo? Preguntaba a miña madriña cando chegaba a Fornelos de Vigo, porque na aldea poucos podían falarlle da Ría de Vigo. A maioría nunca a viran.
Tal vez, penso eu, que o único segredo fora o presentimento que tiña de ver o mar. . .
A fantasía daquela Ría de Vigo chea de encanto, facíalle maxinar o seu pai loitando sobre as augas inmensas do mar . . .
Os anos foron pasando, é as dores, os cadrís, apertando. Cantas veces tiña subido o adro da igrexa coa mente de albiscar a posta do sol entre as Illas Cíes. ¡Nunca volvera a velo! Estaba lonxe. Pero un bo día o irmá da miña madriña José María Alonso Cambra da Casa Pepe levouna a Vigo. En xa alí, quedouse no barrio do Berbés. Algunhas familias aínda non se esqueceran deles.
O día seguinte Mariña foi camiñando pola beira rúas ata a Estación Marítima. Mariña quedouse extasiada. A felicidade alumeou o seu rostro. Fronte a Estación Marítima Mariña votouse a correr entolecida. ¡Coidado Mariña! Xa era demasiado tarde.
Mariña morría no mar, mentres o sol mergullábase no horizonte da auga na Ría de Vigo.
Así foi, é así o lo conto.