¡Espertade! ¡Liberdade! CNT

CNT ¡Espertade! Con unha tirada de 3.000 exemplares. O director Xosé Villaverde cos redactores Diego Abad de Santillán, Armengol, De la Llave, Gimenez, Labrador, Peiró, Pestaña e moitos mais. Publicaron uns 125 exemplares porque foi suspendido para que saíra “Solidaridade Obreira” con Xoán Peiró e un epílogo de Villaverde.

O 0 de abril de 1.938 saíra en París (Francia), Liberdade en lingua portuguesa, con anagramas que simbolizaban as aspiracións supremas da emancipación humana.

No abril de 1.030 saíra en Bos Aires, la Obra, ata 1.952.

Outra efeméride fora a de Xosé Luis Quintas Figueroa, nado un 17 de abril de 1.911 na Calzada de Teis (Vigo), coñecido polo Quintas, Alfonso, é Clemente Cabaleiro Covelo, quen durante os anos republicanos desenrolou unha labor orgánica en Madrid, Santiago é Ourense na CNT.

No ano 36 organizou un asalto o local da Falange na rúa Xeneral Riego para obter documentos sobre as súas actividades é facerse con armamento, morrendo Luis Collazo Docampo en dito intento. Detido, fuxiu organizando no Calvario unha resposta armada escapando os montes actuando na zona de Pontevedra.

Tras a morte de Franco, intervirá no Comité Rexional de Galicia da CNT morrendo o 17 de Agosto de 1.976 na Calzada de Teis, onde fora nado.

Ricardo Mella Cea, nado en Vigo, un 23 de abril de 1.861 na rúa de Gamboa, fora un intelectual, fillo dunha modesta familia de artesáns,sendo o seu pai Xosé Mella Buján, republicano federalista; é a súa nai Dores Cea Fernández.

Con 16 anos ingresa no partido de Pi y Margall do que fora Secretario en Vigo; fala francés, inglés e italiano. Dirixe La Verdad. Denunciado por Xosé Elduayen. Marqués del pazo de la Merced,como home forte do cacique Cánovas. Elduayen chega a perdoarlle.

Colabora e participa nos certámenes socialistas é o Concello de Vigo noméalle a avenida de Ricardo Mella, mentres Asorey lle realiza o mausoleo que garda os seus restos no Cemiterio Civil de Pereiró.

Eduardo María Vázquez Aguirre, nado en Vilaescura de Sober en Lugo, o 11 de Maio de 1.887. Coñecido polo bigote. Emigra a Bos Aires (Arxentina), en 1.906, onde se gaña a vida de perruqueiro, carpinteiro, zapateiro ¡que sei eu! ata chofer, dirixindo a Sociedade de Resistencia de la Unión de Tranviarios. Participa en 1.919 na Semana Tráxica de Bos Aires, sendo despedido da Tramway Anglo Argentina onde traballaba.

Metido en atentados, encadeado en varias ocasións o final viu deportado a España, pero desembarca no Brasil auxiliado polos seus correlixionarios e volve a clandestinidade na Arxentina, morrendo en Bos Aires en 1.963.

Outra importante figura é Carme Blanco García, nada en Lugo o 12 de Maio de 1.954. Escritora en lingua galega é castelá é profesora e ilustradora; utiliza o pseudónimo de Emma Luaces en homenaxe a Emma Goldman.

Sufriu represalias franquistas sendo profesora en varias localidades galegas. Ten moitas colaboracións en diversas publicacións Andaina, Animal, Arco da vella, etcétera.

É, autora de numerosos ensaios, entre poder, muller, sexo e cultura. É en definitiva unha loitadora igual que o seu irmá Martín.

Algúns dos que me lean, pensará que teño certa simpatía ou entusiasmo por estas xentes, ou polo que fixeron. Eu sempre digo que o entendo en función da miña sensibilidade, inquietude e preocupacións ¡Que non son poucas! Pero, tamén digo, que teño un compromiso cos marxinados, cos que sufriron o longo da historia, para aproximarme a eles, o estudo de estas xentes, que por as súas diversas causas, motivos políticos, ideas, incluso as filosóficas, científicas e relixiosas ou orixes xeográficos foron exemplos de esperanza e dignidade ante tanta barbarie habida ata agora. Nada mais.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.