II Xornadas de Conservación do Río

II Xornadas de Conservación do Río - LazoiroA asociación Lazoiro organiza os días 27 e 28 de setembro as II Xornadas de Conservación do Río en Salvaterra, coincidindo coa Limpeza Simultánea dos Ríos Galegos organizada por ADEGA. Nesta edición haberá unha charla sobre a importancia da auga.

O sábado 27 ofrecerá a asociación Lazoiro na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño ás 18:00, a proxección dun documental sobre a visión existente da auga, tras o cal, contarán coa asistencia de tres convidados: Mª Carmen Argüelles, profesora da UVIGO, Antón Lourenzo, ex-concelleiro do BNG de Salvaterra e Marcos Besada, alcalde de Salceda de Caselas. Nesta charla amosarase diferentes achegas e puntos de vista sobre a situación actual e a problemática da auga e tamén se falará sobre as augas termais no río Miño, a importancia na recuperación das fontes muíños e regatos, así como os beneficios, non só para o noso medio ambiente, senón tamén no turismo ao poñer en valor os nosos recursos naturais e patrimoniais.

Por outra banda, o domingo 28 de setembro ás 9:30 da maña darase inicio a segunda limpeza do río Tea, que comezará na ponte medieval de Salvaterra e que irá integrada dentro do Proxecto Rios organizado pola asociación ecoloxista ADEGA, coincidindo coa Limpeza Simultánea dos Ríos Galegos onde participan numerosos colectivos por toda Galiza.

Podes entrar no blogue: Lazoiro

Coma eu sempre dixen a auga e imprescindible para vida, sexa na forma que sexa. Natureza e vida van ligadas dende os tempos primeiros.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.