A Rianxeira

A RianxeiraComo di a Grande Enciclopedia Galega é a canción mais difundida polo mundo.

Falando da Rianxeira direi que é unha peza musical, das mais populares da Terra, é temos de intuír en ela, os nosos ilustres rianxeiros, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Rafael Dieste, Paio Gómez é Manuel Antonio, entre outros.

A Rianxeira, debeuse a un estado emocional o igual que eu con Fornelos da Ribeira, porque tanto Rianxo como Fornelos herdaron aquela tradición dos galegos cantando o mar…

Dándolle voltas a cabeza, penso que hoxe forma parte do noso folclore, como cal quer outra peza, é así a entenderon no ano de 1.921 Avelino Rodríguez Elías, coa súa forza emotiva. A Rianxeira leva na gama das cores a escala dos sentimentos, a sensibilidade galega que a define dun xeito tradicional cos mariñeiros da terra, a súa tradición cívico relixiosa, as vidas de traballo e as vidas sociais, porque A Rianxeira é unha peza secular da Galicia que canta o mar.

A Rianxeira, data de 1.950 co título de “Ondiñas da ría”, composta en 1.947 con música de Ánxel Romero Lojo é letra de Xesus Frieiro Dourado, coñecido polo “O Pinciñas” emigrados como os meus irmas de Fornelos na Arxentina.

Fornelos nunca tivo músico de relevancia como Ánxel Romero que foi un compoñente da Banda de Música de Rianxo é da Rondalla con Xosé Ramón Nine Piñeiro. É de xustiza lembralos aquí porque xa no ano 30 Ánxel Romero emigrara a Bos Aires é “O Pinciñas” a Cuba, para pasar logo a Bos Aires.
Ámbolos dous formaron fogar en Bos Aires é fundaron o Coro do Centro Rianxo sendo “O Pinciñas” o letrista.

“Ondiñas da nosa ría” foi unha peza orixinal que o coro do Centro Social Fillos de Rianxo interpretou, nun xantar de fraternidade con motivo da festividade de Nosa Señora de Guadalupe: “A Señora do Mar é de Rianxo”, da vila mariñeira xuntamente coa Nosa Señora do Carme. ¡Como debe ser!

Teño a sorte de ter a partitura orixinal de “Ondiñas da nosa ría”, de Manuel Vicente, o mestre chapi, como algo sagrado. É chámame a atención da presenza de santas nas coplas de ese cancioneiro popular, que fai referencia as xentes do mar que como escribe Xerardo F. Santomé, como bo galego, di que os mariñeiros séntense relixiosos no mar buscando a seguridade, é na terra a espiritualidade do sentido matriarcal das xentes coas presenzas de tantas virxes mariñeiras.

Non me estraña nada daquelas emocións vividas no Río de la Plata, cando os barcos chegaban, esperando os galegos de alí erguendo a bandeira de Arxentina ou do Uruguai coa galega. A Rianxeira, en Rianxo chegou nun disco para radio Pontevedra é Radio Galicia de Santiago, no verán de 1.952 segundo o conta Carlota Rial e tamén Nacho de Faro de Vigo esperando o carteiro con aqueles discos de gramófono colgado no balcón coa canción, enchendo a rúa de xente entusiasmadas pola letra e música de as “Ondiñas da nosa ría”.

Eu, emociónome destas xentes nosas que lembraron na emigración, o mar, a terra, os amores, . . .
que tanto souberon entoar musicalmente, como “Bicos do mar” para ollar os amores é “teño que cruzar a ría”.

Aínda que A Rianxeira débese hoxe o sector mais mozo, como os afeccionados celtiñas, está afastado do que dixo Xulián García en “Épica é Lírica” do fútbol, sobre a procedencia inglesa da costume.

Os digo que a min, A Rianxeira proporcióname alegría saída da nosa gorxa en libre albedrío, formando parte, tanto no Condado de Salvaterra do Miño, como noutras partes das festas cívico – relixiosas, incluso, por dicir algo, a “Foliada do Celta” dos amigos de “A Roda”. Queda dito.

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.