Así e, é que ninguén me faga calar. É aproveito para lembrar “Los Miserables” de Víctor Hugo.
Tiven sempre presente nos meus anos de estudante, e de “reporteiro” no sempre lembrado “El Pueblo Gallego”, anos duros do franquismo, onde se traballaba nunhas condicións precarias, pola fame, o racionamento na que toda a xuventude expresábamos a nosa desazón. Entón mais ou menos soñábamos que as nosas inquietudes prometían ser as bases dun novo xeito de vida, un modo de ser é de vivir que non foi así, porque como dixo o ditador “todo estaba atado é ben atado”, como así foi para a nosa desgraza.
É si ben é certo que todos confiábanos capaces de combinar as angustias coa enerxía que transmitíamos, todos, a boa fe, pensábamos que chegaría o momento é que non pasaríamos inadvertidos, é ademais, estaríamos encantados dos desafíos que ían a ocorrer.
Certamente, cando “Los Miserables” saíron a rúa cinematicamente falando, as xentes tiveron unha conexión emocional poderosa, algo do que puiden darme conta agora, ollando para atrás. Creo que nese momento a miña alma eirizouse para sempre na miña nai (q.D.a t.n.g.) no seu falecemento no ano 1.938 que pegou moi forte na vida dun meniño seis anos.
Eu de verdade, os meus 82 anos aínda non podo crer que se haxa dado a oportunidade daquel papel de cando era eu estudante.
Lémbrome do momento clave de “Los Miserables”, de cando hai que vender algo con tal de conseguir diñeiro para satisfacer necesidades de necesidade, circunstancia desgraciada daquela, coma a de hoxe que nos despexa de toda vanidade.
Tal vez, o desafío de hoxe, é a testemuña daqueles faladoiros na Cafeteira Goya da rúa Urzáiz de Vigo, con Celso Emilio Ferreiro, Crespo, Cabezón, eu é mais algún que agora non lembro, ou na Tasca de Elixio, con Xosé María Castroviejo é Álvaro Cunqueiro, que os levo sempre no meu pensamento, porque foron eles, sen dúbida algunha, cos “Los Miserables”, o punto álxido da miña xuventude. Todos eles esquecidos polo tempo, que viviron como eu, as esperanzas dunha realidade vivida nunha época equivocada.
Non podo imaxinarme cal duro sería pasar para o “Mais Alá”, sen ollar cumpridos seus desexos. Por iso, estou agradecido a sorte, de poder vivir nesta época de complicada situación, é que me manden calar, como parece. Non so a min.
As veces, envexo o mundo de “Los Miserables”, porque hoxe, como onte, tócanos lidar con outra realidade, onde non falta quen lle poña unha pel de plátano no chan é unha cámara diante, esperando que te caias.
A pesar de todo, non quero deixar queixas da miña vida.
O futuro hoxe ben agardando dunha nova situación política é económica e social, pero nos faltan guías para que as xentes recollan a semente.
Eu sempre fu pesimista por definición e procuro calzarme tódolos días cos zapatos do optimismo para saír a rúa. Xa sei que pertenzo a unha especie en “vías de extinción”, e gustaríame reclamar as xentes protección para elas. Porque representan os loitadores da democracia, da liberdade, do traballo, dos que xeran riqueza é benestar social e cultural.
De feito, estou seguro de que a xente o valora, pero despois de aplaudir, como na apertura do Muro de Berlín, os orfos do socialismo, é daqueles pobos que desexaban aproximarse a nós, dándolle coa porta nas narices a miseria, a fame é a guerra, pero xerouse unha casta capitalista que baixo o nome de “mercados financeiros” nos está arrastrando a soidade, a inseguridade, a pobreza, a miseria; a un pobo angustiado é vulnerable.
Quero pensar os meus 82 anos que aínda estamos a tempo, porque detrás da nosa discutida sociedade, hai xentes que son capaces – e podemos ser solidarios. So falla crelo.