Diego De Giráldez, Pintor e Escultor Universal

Diego de GiráldezAsí tal como lo digo é este home, parco en verbas, de A Cañiza.

Digo eu que é un home universal da nosa terra do Condado de Salvaterra do Miño – Paradanta, con unhas características para ser, como así foi, un trotamundos do arte da pintura levando a forza é a saber dos Druídas Celtas, datos que veño recollendo moi gustosamente en – El Juego del Español – 2.001, do 15 de Maio deste ano, sobre a cita, cada no, para o encontro no Museo que leva o seu nome, na nosa fermosa vila de A Cañiza, do noso Condado – Paradanta.

Non é por nada, pero tiven a sorte de ser alumno do pintor Colmeiro onde aprendín u oficio de pintor, síntome orgulloso de traelo hoxe aquí, a esta páxina do Condado, como un dos mais grandes pintores do realismo universal, como din algúns. É aínda mais, porque mais ou menos, como eu, viñemos moitos a este nobre pobo vigués, onde nos formamos cultural é socialmente.

Pois ben, este Diego De Giráldez, é Manuel Diego Gómez de Giráldez, nado na Cañiza un 8 do Marzal de 1.956, cando eu xa vivía en Donostia. É lémbrome de doar un lenzo pintado por min dun caserío de Jaizquível, a Cruz Vermella para arranxar fondos para a mesma.

É tamén digo que me sinto orgulloso de encontralo en “El Rincón de Marta Trillini” de Santa Fe, en Arxentina, no libro Diego Giráldez un pintor é escultor español de dimensión universal. Pero volvendo o seu orixe, direi que procede da Casa do Cardenal Giráldez Lago da Borza de Valleixe, onde. por certo, dera os primeiros pasos e tamén as primeiras pinceladas no papel

Pasou o tempo, e cando regresei a Vigo de Donosti, na rúa Anguila, nos Casco Vello aluguei un local para a instalación dun taller de artesanía chamado “Vieiros” con membros da Escuela de Artes y Oficios da cidade. É aquí fora onde coñecera a traxectoria do amigo Giráldez, ansioso de novos horizontes, cheo de inquedanzas intelectuais, etc.

Nestes tempos, Giráldez frecuentaba como eu, algúns grupos de artistas é escritores, sensibles a cultura é o arte, na que nos serviron para amplialo noso intelecto. Por iso, falo da traxectoria de Diego Gómez Giráldez, na nosa cidade de Vigo, nunha época que investigaba co carboncillo ou lapis é as tintas como mellor forma de darlle a súa pintura unha visión mais clara.

Claro estaba, cando tanto Vales Villamarin como Xesús Ferro é Ramón Otero Pedrayo, dicían del: “Este rapaz oriundo de A Cañiza con sorna de pintor, érguese hoxe con valentía propia, co seu mellor dito do realismo. . .”

Pasaron tantos anos xá que non me lembro de cousas nin del; si teño unha idea de que era moi educado, con personalidade, e un modo de ser moi claro. Daqueles paseos polo Casco Vello do Berbés na rúa Real, próxima a rúa Anguila, eu fumando en pipa de toda a vida, repartíamos o cheiro daquel tabaco holandés mercado na Pedra, pasando pola chamada “rúa dos viños”.

Álvaro Cunqueiro, amigo dos dous, fixera algunha crítica da delicadeza é serenidade do artista sobre certas reminiscencias abstractas, é Xosé Filgueira Valverde, personaxe no Museo Provincial de Pontevedra, aconsellara mercar un lenzo para o mesmo. Con Álvaro Cunqueiro coincidimos na súa vivenda de Marqués de Valladares onde nos falaba que “ para ser pintor hay que nacer, hay que soñar”; é concretamente a Giráldez: Ti que sabes de ovellas é carneiros, de alaceas é lareiras. . . .” Eu, para ver os bodegóns non teño que haber xantado. Teño que ir en xaxúas, é daquela puido carregar o meu maxin da poesía que emana, . . .

Souben do amigo Giráldez de que abandonara Vigo con dirección a Cataluña para visionar as súas inquietudes coas cataláns. Xa non souben mais del. Pero aquí queda este amigo pintor de A Cañiza, como un ser universal.

Advertisement

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.