Os desprezos a nosa xuventude

xuventude emigraÉ a mais alta traizón que se lle pode facer a nosa xuventude. ¡Vergoña nos debía dar!

¡Que tristeza, amigos! Ler en “Información” de Alacante a testemuña de Bárbara Ortuño, doutora en Historia, que busca, como di o xornal, en Arxentina o impulso necesario para a súa carreira investigadora. ¡Que tristeza e que vergoña!

O meus oitenta e dous anos, véxome na necesidade de denunciar publicamente esta vergoña, que como ben di o xornal, dende Francia ata Arxentina, poucas ou moi poucas profesións escapan o que está a pasar no noso país, de corruptos é corruptelas, amparada nunha crise que non provocamos.

É, como moi ben di o xornal, non chega ter unha ampla formación académica con licenciatura en Humanidades é doutorarse en Historia, nin tampouco unha ampla experiencia laboral na restauración, para poder entrar no mercado do traballo porque como é moi sagrado, non hai que tocalo.

Vergoñento é, que os xoves de Alacante é de España enteira, se vexan obrigados a deixala terra, seus vínculos afectivos, familiares, amigos, para buscar novos horizontes, fora do país, ¡vergoña!

Dóeme moito a oportunidade de chegar dende Europa co turismo en Francia, a América coa aposta educativa na nobre Arxentina de Alicia é Bárbara, como exemplos desta vergonzosa situación.

Bárbara Ortuño, planta o seu futuro de vida nas oposicións, despois opta pola investigación, é síntome identificado con ela, en que a educación, con maiúsculas, é fundamental para un cambio de rumbo do mundo enteiro.

Esta moza a que felicito con agarimo, coa súa compañeira Alicia, lles digo que sigan loitando polo compromiso dos seus sonos; pasado a tempestade chegará o momento do desenrolo da súa carreira investigadora.

Ben o sei, que estes energúmenos políticos son capaces de desfacer o esforzo e a vida a milleiros de xoves. Hai que loitar sempre para acadar a meta. Os demais tampouco tivemos na nosa xuventude a asistencia necesaria para saír adiante. Eu, fun un deles, inmigrado no País Vasco en 1.951

Con 1.021 pesetas mensuais é 1.500 de gastos de pensión, traballando en dous rueiros para degustar un bocata nunha tasca do rueiro de Amara, no San Sebastián dos meus pecados.

É, certamente, a clase política de sempre a que gobernou con Franco é sen el, enchendo as alforxas de por vida, deixándonos a nos a vergoña da situación que eles crearon co seu egoísmo é avaricia. ¡Así son as cousas!

Esta é a xuventude mellor preparada de tódolos tempos, abandonada a emigrar a outros países. Algúns con lazos de sangue, é outros co oportunismo do coñecemento. É aquí, os políticos enredando coas súas ilícitas actividades dos Mercados Financeiros entusiasmados polos beneficios obtidos, ano tras ano. ¡Que pena! Non: Que o demo os leve para que deixen de soster as contas en Suíza é seguir gozando coas miserias dos demais

¡A ver si a túa voz se converte nun ruxido, capaz de sacudilo mundo! Son verbas do Papa Francisco. Porque o que está acontecer é a mais alta traizón que se lle pode facer a xuventude.

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .