Condado de Salvaterra do Miño

Salvaterra do Miño GaliciaSabías que, un tal Pedro Ozores de Cambra, estaba emparentado cos Castro Soutomaior, señor da Casa de Teanes e foi Cabaleiro de Santiago.

Sabías que, Pedro Pereira era natural de As Neves é estaba casado con Antonia Troncoso, natural de Fornelos da Ribeira; era filla de Domingo Álvarez Troncoso e de Antonia Troncoso, tamén de Fornelos, nado o 15 -01- 1,759 e casado e residindo en Barceliños (Barcelos-Portugal).

Sabías que, Dolores Rivas Solla, procede de Redondela aínda que nacera en 1.866 en Santiago. Era filla de Manuel Evaristo Rivas Estévez, nado e señor da Casa de Posadouro é irmá de Xoana Rivas.

Que, Rosa Rivas procede da rama familiar de Xoán de Rivas e Montao, que foi testemuña da información para Cabaleiro de Santiago de Antonio Mociño.

Que, do arquivo xenealóxico da Casa de Rivas da Torre, de San Xulñián de Villachi (Lugo). Do insigne heraldista Manuel de Rivas, publicou u traballo, onde o pai Alfaya de Rivas, monxe de Santa María de Sobrado, apareceu como testemuña dunha escritura do ano 1.257.

Que, na Historia Xenealóxica se fala de Xoán Fernández de Rivas, descendente do primeiro señor de Lemos.

Que, no ano de 1.374 un tal Alfonso Gómez de Rivas de Miño, hoxe Ribadelouro, próximo a Tui, é un dos cabaleiros que se citan ante o bispo de Lugo, emparentados cos Troncoso.

Sabías que, no Catastro do marqués de Ensenada, se admira o opulento pazo dos Rivas como vinculación do veciño o mosteiro de Ribas de Sil.

Que, Xoán Francisco de Rivas, era notario do Tribunal Eclesiástico de Lugo en 1.780.

Houbo outro Xoán de Rivas Varela, tamén notario.

Que, a esta lista de Rivas, escribáns ou notarios está o notario Manuel Evaristo Rivas, fillo tamén de notario, Florentino Rivas Romero de Redondela, onde foi xuíz seu propio pai Máximo Crespo Rivas. De onde, o meu parecer procede Rosa Rivas, dona de Clemente Francisco Cambra e Vilas e 1.830 aproximadamente.

En San Bartolomé de Eiras, Benito de Rivas ,casara con Tereixa Salgado. É Domingo Rivas en 1.753 estaba censado como dono dunha finca.

Espero localizar con estes e outros datos, a procedencia de Rosa Rivas, dona de Clemente Francisco Cambra. Seguirei buscando.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.