A voltas coa miña aldea

Rio Tea Fornelos da RibeiraAfortunadamente Fornelos da Ribeira existe a pesares da desaparicións das xentes por mortes ou ausencias. Afortunadamente Fornelos existe.

É coexiste o longo e ancho desta hoxe triste é lamentable Galicia agochada pola crise. É aqueles rueiros con repertorios de tradicións que van dende labrar un lameiro ata a maneira peculiar de referirse as lendas que en cada rueiro sempre houbo, ou simplemente, o afiar unha fouce ou entoar unha canción, porque así era, a miña aldea.

Naqueles eidos dos rueiros con repertorios neste meu querido Fornelos da Ribeira, vividos de neno, con todo o meu ser, era e é, unha recia terra, dende Pedro Madruga (Pedro Álvarez de Soutomaior), case incólume (hoxe a igrexa de San Xoán), da influencia uniforme de cada época, non precisamente perniciosa inflexión das xentes alleas a el, senón, o recato dunha aldea que garda na arca pechada a súa púdica alma social como inacabado tesouro, que é a lembranza viva do seu ser de vivir unida.

Penso eu, en cada un dos recunchos do seu so, onde viven recollidos o mellor da miña aldea emparentada cos mais nobres é antigos fillos espallados por América.

A miña aldea, coa súa historia, cos seus rueiros de sempre, cuxos íntimos riscos encarnan non so os propios estilos do ser galego, se non que ten unha forma de convivencia social que moitos suspiran por ela, aló, na Arxentina, por exemplo.

O que foi, ser dúbida algunha, o eido da miña familia Cambra é Estévez Cambra, fermoso fogar con adega, corte, con solaina cara o medio día, é hoxe para min, unha lembranza na que trato de buscar a luz entre as parras que campan o redor do fogar, o pe da pétrea entrada.

Dende ela, a sobria campiña daquel eido do Casco, da miña entrañable aldea, penetraba con paso doce é respectuoso o Sol (Lorenzo na canción), é a Lúa (Chamada Catalina), fronte a capela Santa Rosa do remotísimo Ceo arxentino.

Lémbrome do tempo de meniño, da choiva con tronos, das campás da igrexa de San Xoán espertando a chamada a misa, sempre a mesma hora, coa caritativa puntualidade do abade don Francisco, antes don Manuel é despois don Xaime. Os tres ben coñecidos.

Nos meses de verán coas fiestras abertas nas noites claras, esperando a santa compaña coa alma é coa vida, empeñada esta coa súa faena. Todo un fermoso idilio na miña ben querida aldea de Fornelos da Ribeira. Ollar a serenidade do Ceo, alumeado entre o monte San Nomedio, o pe de Taboexa e Rubiós, terras de ricas variedade de viños, piñeirais é castaños alumeando por terras de Lourido iluminando as gándaras, as sementeiras e os toxos, que tanto me gustaba.

Tamén é certo, que certas faenas invernais congregaban as xentes xunto a cal quer lareira da aldea, asumindo no seu propio acento a voz da memoria dalgún morto pola liberdade é pola honra da terra de todos.

¡Bendita, a miña aldea querida! Que sempre tivo conciencia da súa personalidade, é ata xuraría soubo defenderse preservando con tódalas forzas de que dispuña, é con toda a valentía do que sempre foi capaz. Eu, pobre de min, aproveito este momento para render a miña aldea, a homenaxe de gratitude por haber sido nado en ela. Pola loita de sempre en pos da liberdade é pola honra da terra de todos.

Porque hai algo na miña sangue,
É na miña escritura
A acción do tempo,
Me atorda,
Antes de ser:
Cinza é vento.
Manuel Afonso Estévez

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.