É a paixón de fillo, a terra que o viu nacer. No mundo no que vivimos está cheo de urxencias. Hoxe as xentes vagan entre o desorde das lembranzas (me pasa a min), é as emerxencias que nos impón a vida actual; é o ARTE, é unha forma de resistencia a vida acelerada, é un bálsamo para o espírito, é unha especie de pausa é unha opción, sería un paseo pola miña aldea de Fornelos, para contemplar a súa igrexa de San Xoán, embarcándote nunha travesía polos rueiros obrigados do artista de Pazos desta parroquia, durante o tempo que lle tocou vivir, do asentamento no adro, da Casa Fortaleza dos Álvarez de Soutomaior, dos Brey, dos Correa, dos Álvarez Queimadelos, dos Cambra ou Estévez Cambra da Laxe ou de O Casco, capelas de San Antonio (desaparecida, de Martín), Santa Rosa do eido dos Cambra, cruceiros (algúns desaparecidos). . . Todo un repertorio de riqueza histórica esquecida polo tempo.
É sempre, a Igrexa de San Xoán, formando parte do eixe principal. Vida é alma da miña aldea.
Sono este, que chega ata ribeira do Tea, onde este humilde artista pintou o muíño da aceña de Martín, que gardo como ouro en pano. É onde a tradición se comporta cos campos de millo é viñedos, o despuntar o alba, dándolles as pinceladas que marcaron a derradeira testemuña da historia de cor, penas é alegrías.
Eu, xa que non podo, é por iso os invito, a visitala miña aldea, dende O Casco, onde fun nado, é sorprenderte rumbo a San Andrés de Lourido da paisaxe romántica que, tal vez, nos revivan os escenarios da natureza colmados de movemento ata Soutolobre, con contos de fados e sonos. É, senón, polos escenarios do fútbol no Oural, con O Progresista, que se rompe a alma futbolísticamente falando, na defensa dos tres puntos da táboa.
Eu, amigos, os invito a visitala miña aldea, onde encontraredes un marco pictórico de atmosferas fantásticas na convivencia das xentes, amables. xenerosas é simpáticas que os darán forza para percorrer os seus rueiros, en tan alegre é soñadora rota.
Iso si, levade bocadillo é bebida que os vieiros abren o apetito. Grazas de ante man.